Henry Nelson Wright, nado no estado indio de Uttan Pradesh o 29 de outubro de 1869 e finado en Warlingham, Inglaterra, o 13 de maio de 1941, foi un funcionario ao servizo do Raj Británico e un numismático especializado na moeda da India.

Traxectoria

Henry Nelson Wright naceu na vila de Mainpuri, no Estado indio de Uttar Pradesh, na India Británica, o 29 de outubro de 1969." The Descendants of William Wright [...]. Fourth Generation". En Airgale.com.au Era fillo de Francis Nelson Wright (1840-1900) e de Amelia Hannah Barnes (1842-1888)." The Descendants of William Wright [...]. Third Generation". En Airgale.com.au

Durante a súa carreira como funcionario na India conformou unha importante colección de moeda da India islámica que posteriormente foi adquirida polo Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e polo Museo de Delhi. Do mesmo xeito, o Museo Británico adquiriu tamén, en 1912, a súa colección de moeda do Imperio Gupta.NC (1941). Páxina 11."H Nelson Wright". The British Museum.

Entre as súas obras cómpre salientar dous dos volumes que compoñen o catálogo das moedas do Museo da India en Calcuta, publicado entre 1906 e 1828.Véxase (1907) e (1908) en "Publicacións".

Wright foi membro da Royal Numismátic Society, de Londres, desde 1903Pagan, H. (1986). "Record of Members and Fellows". En R. A. G. Carson. A History of the Royal Numismatic Society. Royal Numismatic Society, Londres. Páxina 75. ISBN 0-901405-24-8"List of Fellows, 1940". En The Numismatic Chronicle. 5ª serie. Vol. 20. Nº 78 (1940). Rotal Numismatic Society, Londres. Páxina 11. e tamén se atopa entre o grupo dos seis fundadores da Sociedade Numismática da India en 1910."About NSI / History". Numismatic Society of India. Banars Hindu University. Ambas as institucións honrárono coas súas distincións máis prestixiosas.NC (1941). Páxinas 11-12.

Así mesmo, Wright foi elixido membro da Sociedade Asiática de Bengala o 7 de novembro de 1894.Proceedings of the Asiatic Society of Bengal. January to December 1894. The Asiatic Society, Calcuta. Páxinas 109 e 117.

Pola súa banda, a Sociedade Numismática da India instituíu na súa honra a Medalla de Bronce Nelson Wright, outorgada aos seus membros en recoñecemento dos seus méritos académicos. "Awards & Medals". Numismatic Society of India. Banars Hindu University.

Vida persoal Henry Nelson Wright casou o 24 de febreiro de 1892 con Edith Mary Stuckey (1867-1917) en Madrás, Bengala, con quen tivo dous fillos e dúas fillas. O 25 de setembro de 1919 casou en segundas nupcias con Minnie Barnes, con quen tivo un fillo.

Logo da súa xubilación como funcionario na India, Wright fixou a súa residencia en The Larches, Warlingham, no condado inglés de Surrey. Alí faleceu o 13 de maio de 1941, aos 71 anos.

Recoñecementos

(1932): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. Medalla de Ouro da Sociedade Numismática da India.NC (1941). Páxina 12.

Publicacións Estes son os traballos monográficos de Henry Nelson Wright sobre a moeda da India:"Wright, H. Nelson (Henry Nelson)". WorldCat Identities."Wright, Henry Nelson ". Digital Library Numis.

(1907). Catalogue of the coins in the Indian Museum, Calcutta. Vol. II: The Sultáns of Dehlí. / Contemporary Dynasties in India. Clarendom Press, Oxford. (1908). Catalogue of the coins in the Indian Museum, Calcutta. Vol III: Mughal Emperors of India. Clarendom Press, Oxford. (1936). The coinage and metrology of the Sult̤āns of Dehlī. Government of India, Delhi.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía NC (1941). Obituario en "Proceedings of the Royal Numismatic Society". The Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. 6ª serie. Vol. 1. Nº 1/2. Páxinas 11-12.

Outros artigos Sociedade Numismática da India

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Numismáticos da India Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes