Paul Bartsch, nado o 14 de agosto de 1871 en Tuntschendorf, Silesia, Imperio alemán, e finado o 24 de abril de 1960, foi un malacólogo e carcinólogo estadounidense, coñecido por ser o último dos pertencentes á "Idade Descritiva da Malacoloxía".Boss, Kenneth J.; Joseph Rosewater & Florence A. Ruhoff (1968): "The Zoological Taxa of William Healey Dall". United States National Museum Bulletin '287.
Traxectoria Paul Bartsch emigrou cos seus pais aos Estados Unidos en 1880, primeiro a Missouri e logo a Burlington, Iowa. Cando era neno comezou a traballar no seu tempo libre en varios empregos. Pronto se interesou pola natureza, primeiro mantendo un pequeno taller na casa e, durante os seus anos de instituto, recolleu paxaros e preparou peles. Estableceu un club de historia natural na súa casa cun pequeno museo e o taller. Cando ingresou na Universidade de Iowa, en 1893, xa recollera 2 000 peles.
Entre os seus profesores da Universidade estaban o xeólogo Samuel Calvin, os botánicos Thomas H. Macbride e Bohumil Shimek e o zoólogo Charles C. Nutting. Acadou o B.S. en 1896, o M.S. en 1899 e o doutoramento en 1905.
Foi profesoror da Universidade George Washington e comisario da Smithsonian Institution de 1914 a 1945.
Inventou, en 1922, unha das primeiras cámaras subacuáticas.
Taxons nomeados por Bartsch Paul Bartsch propuxo 3 278 taxons, dos cales 2 979 foron de novas especies e subespecies e 299 son nomes supraespecíficos. Destes, 1 257 publicáronse xunto con outros autors. Estes taxons, excepto tres, eran todos de moluscos.
Taxons nomeados en homenaxe a Paul Bartsch A especie lura de Bartsch (Uroteuthis bartschi) foi nomeada na súa honra por Harald A. Rehder.
O WoRMS enumera 61 taxa co epíteto, bartschi, moitos dos cales convertéronse en sinónimos.
Unha especie e unha subespecie de lagartos do Caribe foron nomeadas na súa honra: Anolis bartschi e Cyclura carinata bartschi.
Abreviatura A abreviatura Bartsch emprégase para recoñecer a Paul Bartsch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Ruhoff, Florence A. (1973): "Bibliography and Zoological Taxa of Paul Bartsch". Smithsonian Contributions to Zoology nº 143.
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Carcinólogos Categoría:Malacólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na Baixa Silesia Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1960