Juan Alberto "Juancho" Hernangómez Geuer, nado o 28 de setembro de 1995 en Madrid, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga no Panathinaikos BC grego.
Traxectoria profesional En 2012, Hernangómez asinou o seu primeiro contrato profesional co CB Estudiantes, e xogou no segundo equipo ata 2014, cando foi ascendido ó primeiro equipo. Na tempada 2015-16, Hernangómez acadou 9.7 puntos e 5.7 rebotes en 34 partidos, e foi elixido coma mellor xogador novo da ACB.
O 24 de xuño de 2016, Hernangómez foi escollido na 15ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Denver Nuggets. O 9 de agosto de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Nuggets.
O 5 de febreiro de 2020, Hernangómez foi traspasado ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Atlanta Hawks e os Brooklyn Nets.
O 25 de agosto de 2021, Hernangómez e Jarrett Culver foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de Patrick Beverley. Pouco despois, o 15 de setembro, foi traspasado de novo, desta vez ós Boston Celtics, a cambio de Kris Dunn, Carsen Edwards e o dereito a intercambiar eleccións da segunda rolda do Draft de 2026.
O 19 de xaneiro de 2022, Hernangómez foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Denver Nuggets. Tras participar en tan só 5 partidos cos Spurs, foi traspasado de novo o 9 de febreiro de 2022, desta vez ós Utah Jazz.
O 9 de febreiro de 2022, Hernangómez foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos. O 30 de xuño de 2022, foi cortado polos Jazz.
O 27 de xuño de 2022, Hernangómez asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024