miniatura|As tres fases da era da información miniatura A era da información, tamén coñecida como era dos computadores, era dixital ou era dos novos medios é un período histórico que comezou a mediados do século XX, caracterizado por un rápido cambio na industria tradicional establecida pola Revolución Industrial a unha economía baseada principalmente na tecnoloxía da información. O comezo da era da información pode asociarse co desenvolvemento da tecnoloxía dos transistores.

Segundo a Rede de Administracións Públicas das Nacións Unidas, a era da información formouse ao capitalizar os avances na microminiaturización por computador, o que levaría a unha información modernizada e a procesos de comunicación tras un uso máis amplo dentro da sociedade, converténdose no motor da evolución social.

Historia O desenvolvemento da comunicación e da transmisión de información é unha das características especiais da nosa civilización desde que se inventou a imprenta de tipos móbiles cara ao ano 1450 por Johannes Gutenberg. Ao permitir producir libros de xeito masivo supuxo un gran pulo á conservación e á transmisión de información, ideas e cultura.

Este pulo viuse reforzado no século XIX coa aparición da prensa escrita e a comunicación por cable (telégrafo e teléfono), seguido no século XX pola aparición dos medios de comunicación de masas como a radio e a televisión, e finalmente a informática e Internet, que dan lugar a unha sociedade baseada no coñecemento (e paralelamente unha economía do coñecemento).

A nivel académico desenvólvense as teorías da información, a teoría xeral de sistemas e a teoría da cibernética, que teñen como función estudar como lograr facer chegar as mensaxes con maior eficación a un público cada vez máis grande, máis crítico, esixente ou simplemente saturado e insensible. A unión das telecomunicacións e o tratamento da información crearon a disciplina coñecida como telemática.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Oliver Stengel et al. (2017). Digitalzeitalter - Digitalgesellschaft, Springer Mendelson, Edward (xuño de 2016). In the Depths of the Digital Age, The New York Review of Books Bollacker, Kurt D. (2010) Avoiding a Digital Dark Age, American Scientist, marzo–abril 2010, Volume 98, Number 2, p. 106ff Castells, Manuel. (1996–98). The Information Age: Economy, Society and Culture, 3 vols. Oxford: Blackwell Gelbstein, E. (2006) Crossing the Executive Digital Divide. Ligazóns externas Articles on the impact of the Information Age on business – at Information Age magazine Beyond the Information Age, Dave Ulmer Information Age Anthology Vol I, Alberts e Papp (CCRP, 1997) (PDF) Information Age Anthology Vol II, Alberts e Papp (CCRP, 2000) (PDF) Information Age Anthology Vol III, Alberts e Papp (CCRP, 2001) (PDF) Understanding Information Age Warfare, Alberts et al. (CCRP, 2001) (PDF) Information Age Transformation by Alberts (CCRP, 2002) (PDF) The Unintended Consequences of Information Age Technologies by Alberts (CCRP, 1996) (PDF) History & Discussion of the Information Age Science Museum - Information Age

Categoría:Información Categoría:Historia da informática Categoría:Períodos históricos