Jaxson Reed Hayes, nado o 23 de maio de 2000 en Norman, Oklahoma, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Hayes foi escollido na 8ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Atlanta Hawks, e os seus dereitos foron traspasados ós New Orleans Pelicans xunto ós dereitos da 17ª elección Nickeil Alexander-Walker, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio dos dereitos da cuarta elección do Draft De'Andre Hunter e Solomon Hill. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019. Debutou na NBA cos Pelicans o 10 de outubro de 2019, facendo 19 puntos na derrota de New Orleans contra os Golden State Warriors.
O 6 de xullo de 2023, Hayes asinou cos Los Angeles Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados no condado de Cleveland, Oklahoma Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers