De'Andre James Hunter, nado o 2 de decembro de 1997 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Hunter foi elixido na cuarta posición do Draft da NBA de 2019 polos Los Angeles Lakers, e os seus dereitos foron traspasados ós New Orleans Pelicans no traspaso que mandou a Anthony Davis ós Lakers, e nese mesmo día foi traspasado de novo, desta vez ós Atlanta Hawks xunto a Solomon Hill, a cambio dos dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019. Ese mesmo día, Hunter asinou cos Hawks. Debutou na NBA cos Hawks o 24 de outubro de 2019, facendo 14 puntos na vitoria de Atlanta por 117–100 contra os Detroit Pistons.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks