Aarón Sánchez Sánchez, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1998, é un exfutbolista galego, que xogaba na demarcación de extremo dereito.

É irmán da tamén futbolista Carlota Sánchez e fillo de José Sánchez, que xogou no Deportivo Fabril na década de 1980.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, sendo elixido o mellor cadete de España en 2014.

Despois de ser un dos xogadores destacados no Xuvenil, en 2017 disputou a pretempada co primeiro equipo do Deportivo, e marcou un gol nun amigable contra o Arousa en Vilagarcía. Non obstante, ese verán acabou fichando polo Racing de Ferrol, co que debutou en Segunda División B xogando 9 partidos.

En 2018 fichou polo Silva SD, equipo no que xogou 34 partidos e marcou 15 goles, converténdose nunha das revelacións da categoría. En xuño de 2019 regresou ao Deportivo da Coruña para xogar no Fabril as seguintes dúas tempadas. A súa andaina no filial saldouse cun total de 7 goles en 29 partidos. En setembro de 2020 fichou pola SCR Peña Deportiva, equipo eivisenco da Segunda División B.

En agosto de 2021 fichou polo Coruxo FC, da mesma categoría onde contou con poucos minutos de xogo. A continuación pasou ao Somozas, co que xogou na Terceira Federación, marcando 7 goles en 29 partidos.

Tras un breve paso polo Vélez, da Segunda Federación, traballou na secretaría técnica da Balompédica Linense. A continuación puxo rumbo aos Estados Unidos, onde estudou un mestrado, completando uns estudos que iniciara na Coruña cunha carreira de Ciencias do Deporte e varios mestrados. Nos Estados Unidos xogou ao fútbol universitario, ata que colgou as botas en 2025 para se dedicar por completo á súa empresa, Atlantic Sports, fundada xunto a Jorge Valín e que ten como obxectivo axudar a futbolistas a obter bolsas deportivas en universidades norteamericanas.

Equipos TempadaEquipoCategoríaPXGTATV2017-2018 Racing de Ferrol2ª B90202018-2019 Silva SD3ª3415802019-2020 Deportivo Fabril3ª297502020-2021 SCR Peña Deportiva2ª B 14 4 1 02021-2022 Coruxo FC2ª RFEF 5 1 0 0 PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en transfermarkt.com Ficha do xogador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Silva SD Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores da SCR Peña Deportiva Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes