En odontoloxía denomínase hipersensibilidade ou sensibilidade dental a unha dor dental de carácter aguda e de curta duración, que xorde na superficie da dentina en resposta a estímulos térmicos, evaporativos, táctiles, osmóticos, químicos ou eléctricos; e que non pode atribuírse a ningunha outra doenza dental."NCBI - Discussion: how can we improve diagnosis of dentin hypersensitivity in the dental office?""NCBI - Dentin hypersensitivity: Recent trends in management""NCBI - Potassium containing toothpastes for dentine hypersensitivity"
Que exista certo grao de sensibilidade na dentina é normal, pero por norma xeral non adoita experimentarse dor nas actividades cotiás, como beber unha bebida fría. Así, aínda que os termos de sensibilidade da dentina e dentina sensible úsanse indistintamente para referirse á hipersensibilidade dental,"NCBI - Dentin hypersensitivity: Recent trends in management" este último termo é máis axeitado.
Causas Os motivos que provocan a hipersensibilidade dental son diversos, tendo a súa orixe na erosión do esmalte do dente. Existen bebidas e alimentos ácidos que poden provocar molestias nos dentes. Ademais, as bacterias provocadas pola carie dental (relacionado co punto anterior) poden ser outra causa de aparición. Outro motivo pode ser o uso dalgúns medicamentos (con contido en Aspirina ou vitamina C). Un lavado de dentes incorrecto (con moita presión ou con demasiada frecuencia) pode provocar a devandita erosión no esmalte. O bruxismo é outro motivo principal da hipersensibilidade dental. Ademais, cabe destacar que a enfermidade das encías ou a recesión das mesmas poidan facer que a raíz do dente quede exposta, favorecendo a hipersensibilidade."La Sensibilidad Dental - Qué Es Y Cómo Combatirla"
Véxase tamén Remineralización dos dentes
Notas
Categoría:Odontoloxía