miniatura|Klum en 2008 Heidi Klum, nada en Bergisch Gladbach (Renania do Norte-Westfalia) o 1 de xuño de 1973, é unha modelo, presentadora, empresaria, deseñadora de moda, produtora de televisión e actriz alemá. En 2008, converteuse en cidadá estadounidense mantendo a cidadanía alemá."Solid Gold" Cityist"Heidi Klum: "Ich bin ein deutsches Mädel" 7 de setembro de 2010, Op Online

Traxectoria miniatura|260x260px|esquerda|Klum e a súa exparella Seal na 59.ª edición dos premios Emmy Deuse a coñecer a finais da década de 1990 ao desfilar para Victoria's Secret, onde se converteu nun dos primeiros anxos, e por posar para as revistas Elle, Sports Illustrated Swimsuit Issue ou para as edicións alemá e francesa da revista Vogue. Ademais de desfilar, apareceu en numerosos anuncios comerciais de McDonald's ou Volkswagen na televisión alemá e en varias series de televisión, incluíndo CSI: Miami, Spin City e Sex and the City e como actriz ocasional interpretou unha modelo temperamental no filme Blow Dry, unha xigante en Ella Enchanted e a Ursula Andress en The Life and Death of Peter Sellers.

En decembro de 2004, comezou a producir o programa de telerrealidade Project Runway na canle de televisión estadounidense-canadense Bravo, no que os concursantes compiten por un contrato para varias casas de moda, así como por outros premios. O programa chegou ás quince tempadas e Klum foi nomeada ao Emmy. Tamén participou nun reality show en Alemaña chamado Germany's next Topmodel en que foi a presentadora e produtora xunto con Tyra Banks. Ese programa tivo tres tempadas en que se elixiron tres novas modelos.

Participou no vídeos musical do grupo británico Jamiroquai, "Love Foolosophy", e no da cantante australiana Sia, "Fire Meet Gasoline".

Os seus propios deseños de roupa aparecen no catálogo por correo Otto. Tamén deseñou calzado para Birkenstock, xoiaría para Mouawad e traxes de baño (mostrados na revista Sports Illustrated Swimsuit Issue do ano 2002).

En 2007 Forbes nomeouna a terceira modelo que máis gañara no mundo dentro dunha lista de 15.

O 30 de setembro de 2010, anunciou que deixaba de desfilar para Victoria's Secret, tras trece anos e catro fillos desde que comezou a traballar para esta firma de roupa interior.

Presentou a cerimonia dos MTV Europe Music Awards de 2012 en Frankfurt.

Klum é unha ávida pintora e varios dos seus cadros apareceron en revistas de arte estadounidenses. O 27 de setembro de 2002, dedicou unha escultura chamada "Can con bolboretas" a conmemorar o traballo dos cans de rescate tralos atentados do 11 de setembro de 2001.

Vida persoal Estivo casada co seu estilista Ric Pipino de setembro de 1997 a novembro de 2002. Posteriormente, mantivo unha relación co cantante Anthony Kiedis e outra con Flavio Briatore, exdirector deportivo do equipo Renault de Fórmula 1. O romance con este último terminou cando ela quedou embarazada del. A súa filla chamouse Helene «Leni», como unha das avoas de Klum e naceu o 4 de maio de 2004.

Estando embarazada, Klum empezou unha nova relación co cantante británico Seal. Casaron o 10 de maio de 2005 na praia de Careyes en México. Tiveron tres fillos biolóxicos xuntos, dous nenos e unha nena: «Henry» Günther Ademola Dashtu Samuel, nado o 12 de setembro de 2005, Johan Riley Fyodor Taiwo Samuel nado o 21 de novembro de 2006 e por último Lou Soulola Samuel, unha nena que naceu o 10 de outubro de 2009.People en español "Heidi Klum es mamá por cuarta vez" - actualizado outubro de 2009 Ademais, Seal adoptou a Leni, que nunca foi recoñecida polo seu pai biolóxico. Klum afirmou enfaticamente que "Seal é o pai de Leni".

Tras sete anos de matrimonio, en xaneiro de 2012, Klum e Seal anunciaron a súa separación nun comunicado publicado pola revista People.Heidi Klum y Seal se separan

En maio de 2018, Klum apareceu na Gala amfAR coa súa nova parella, Tom Kaulitz, guitarrista da banda alemá Tokio Hotel. Deste xeito fixeron pública a relación que mantiñan na intimidade desde febreiro de 2018. En decembro dese mesmo ano a parella anunciou o seu compromiso.Heidi Klum, primera vez en redes y posado oficial con su nuevo novio, Tom Kaulitz Segundo varios medios de comunicación, Klum e Kaulitz contraeron matrimonio nunha cerimonia íntima o 3 de agosto de 2019 en California. Celebrouse unha segunda cerimonia en agosto no luxoso iate “Christina O” fronte á illa italiana de Capri.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial AOL Books interview about the book Body of Knowledge Entrevista en Der Spiegel (12 de febreiro de 2006)

Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia Categoría:Nados en 1973 Categoría:Modelos femininas de Alemaña Categoría:Actores de cinema de Alemaña Categoría:Actores de televisión de Alemaña Categoría:Deseñadores de moda de Alemaña Categoría:Empresarios de Alemaña Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América