Chiriquí é unha provincia de Panamá. A súa capital é San José de David. A provincia de Chiriquí atópase situada no sector occidental da República de Panamá, tendo como límites ao norte a provincia de Bocas do Toro e a comarca Ngäbe-Buglé, ao oeste a provincia de Puntarenas (na República de Costa Rica), ao leste a provincia de Veraguas e ao sur o océano Pacífico.

Toponimia Chiriquí significa «val da Lúa» para os indíxenas ngäbe-buglé. Segundo Phillip Young, o nome do pobo guaymí, aparece mencionado por primeira vez nas Crónicas de Fernando Colón, quen relata a cuarta viaxe de Cristovo Colón polas costas caribeñas do istmo, en 1502. Segundo os cronistas españois, os aborixes chamaban a esta rexión Chiriquí ou Cheriqué, vocábulo que significa «val da Lúa».

Historia

Época colonial O español Gaspar de Espinosa foi o descubridor, explorador e conquistador da rexión chiricana, en 1519. Segundo o historiador Ernesto J. Castillero, a primeira vez que se menciona Chiriquí nun documento é a Relación de Gil González Dávila, quen en 1522 percorreu a pé a costa panameña do Pacífico. dereita|miniatura|315px|Gil González Dávila

Época departamental No ano 1822, despois da súa incorporación á Gran Colombia, Panamá foi chamada polo goberno colombiano “Departamento do Istmo”. En 1824, este foi dividido en dúas provincias: Panamá e Veraguas. Esta última incluía o que é hoxe Bocas del Toro e Chiriquí.

Tras a disolución da Gran Colombia, Panamá incorpórase no ano 1831 á República de Nova Granada. O 26 de maio de 1849, grazas aos esforzos de José de Obaldía, a provincia de Veraguas foi dividida por un decreto do Congreso de Nova Granada en dúas provincias: Veraguas e Chiriquí. A nova entidade administrativa estendíase até Bocas del Toro, que pasou a ser, a partir de 1850, cantón de Chiriquí. O primeiro gobernador da nova provincia foi Pablo Arosemena de la Barrera. dereita|miniatura|250px|Provincia de Veragua en 1810.

Época republicana De 1916 a 1949, un elemento de comunicación de vital importancia en Chiriquí foi o Ferrocarril Nacional de Chiriquí, concibido polo estadista Belisario Porras para acelerar a explotación e comercialización dos produtos agrícolas das rexións. Esta vía férrea estendíase a través de 165 quilómetros, unindo Pedregal, David, Potrerillos, Boquete, La Concepción, San Andrés, Progreso e Puerto Armuelles.Ferrocarril Nacional de ChiriquíTamén era relevante para a comunicación, a navegación aérea. Para iso, instaláronse aeroportos en David, Divalá, Volcán, Puerto Armuelles e San Félix, desde os cales pequenas avionetas trasladaban produtos e pasaxeiros, ante a falta de vías terrestres adecuadas. A estrada nacional tamén xogou o seu papel desde 1930 até 1967, cando se inaugurou a estrada Interamericana.

Chiriquí foi tamén lugar dun movemento de curta duración de guerrillas a favor da democracia a finais dos anos 1960 e principios dos anos 1970. O goberno do xeneral Omar Torrijos Herrera foi coñecido polas súas políticas de redistribución de terras, cun beneficio para os campesiños chiricanos que impulsaron unha importante actividade agrícola.

Despois do goberno do tamén xeneral Manuel Antonio Noriega entre 1983 e 1989, Guillermo Endara converteuse en presidente de Panamá e deulle o cargo de gobernador de Chiriquí a Edgar de Puy. A provincia comezou unha nova apertura para a gandaría, a pesca, a agricultura e o turismo. A produción de carne, café, banana, cítricos e produtos lácteos alcanzaron fama de calidade internacional que situou a Chiriquí como a provincia agro-industrial máis importante do país.

Desde 1996, a provincia conta co seu himno propio, o Himno provincial de Chiriquí, creado por Humberto Bonilla.

Coa creación da comarca indíxena Ngäbe-Buglé en 1997 por decreto presidencial, Chiriquí e outras provincias próximas perderon territorio.

Xeografía dereita|miniatura|Mapa físico de Chiriquí. miniatura|200px|Volcán Barú. dereita|miniatura|200px|Río Caldera. Chiriquí ten unha superficie de 6547,7 km². Ten algúns ríos como o Palo Alto, Caldera, Chiriquí, Chiriquí Viejo, Los Vales, Cochea, Colgá, Papayal, Agua Blanca, Piedra, David, Fonseca, San Félix, Tabasará. Limita ao norte con Bocas del Toro e a comarca Ngäbe Buglé, ao oeste con Costa Rica, ao leste con Veraguas e ao sur co océano Pacífico. dereita|miniatura|200px|Praia Las Lajas, no distrito de San Félix. Ao norte desta provincia atópase a Cordilleira de Talamanca onde nacen numerosos ríos que desembocan no Pacífico, e onde se atopa a elevación máis alta do país, o volcán Barú (ou volcán de Chiriquí) con 3 475 m s. n. m.. Tamén destacan elevacións como o cerro Horqueta, o cerro Picacho (2874 m s. n. m.) e o cerro Pando (2468 m s. n. m.) entre outros. dereita|miniatura|200x200px|Puerto Armuelles e Punta Burica. A provincia de Chiriquí posúe un exclave no extremo oriente, o correxemento de Justo Fidel Palacios no distrito de Tolé, que está separado do resto da provincia pola comarca Ngäbe-Buglé (distrito de Müna). Á súa vez dentro do distrito de Tolé atópanse dous enclaves que pertencen á comarca Ngäbe-Buglé.

Flora e fauna A provincia de Chiriquí é unha das máis biodiversas do país. Xunto á fronteira con Costa Rica localízanse as terras altas do macizo montañoso centroamericano (cordilleira de Talamanca). En Chiriquí hai diversas especies de plantas, entre elas cacahuate, caoba, cedro, ceiba, ciprés, carballo, freixo, guácimo, guapaque, loureiro, mangleiro, mezquite, pradaría, piñeiro, quebracho e cuachalalate.

Así mesmo existe unha gran variedade de vida animal, especialmente aves e réptiles. Entre a fauna hai aves acuáticas, boas, crocodilos (incluíndo o crocodilo de pantano, unha especie endémica), xabarís, ocelotes, monos, porcos espiños, sarahuatos, tepezcuintles, tlacuaches, tartarugas, veados de cola branca, iguanas, tucanos de pescozo amarelo e o xaguar, que é o felino máis grande de América e o terceiro no mundo. Flora e fauna de Chiriquí125px125px125px125px125pxAgalychnis callidryasAlouatta palliataEretmochelys imbricataPharomachrus mocinnoTapirus bairdii120px120px120px120px120pxPanthera oncaRamphastidaeTayassu pecariLeopardus pardalisBoa constrictor120px120px120px120pxCeiba pentandraAbies religiosaCedrela odorataCattleya skinneri

Goberno e política A máxima autoridade da provincia de Chiriquí é o gobernador. A sede da gobernación, así como o poder xudicial localízanse na capital da provincia, en David. O gobernador é designado polo Presidente de Panamá, aínda que no novo paquete de reformas á constitución establécese que a partir das eleccións de 2014, o gobernador será elixido por voto popular para un período de 5 anos.

División administrativa A provincia de Chiriquí divídese en 14 distritos e 106 correxementos. Distritos e correxemntos de ChiriquíDistritosCorrexementosCabeceira de distritoAlanjeAlanje, Divalá, El Tejar, Guarumal, Palo Grande, Querévalo, Santo Tomás, Canta Gallo, Nuevo MéxicoAlanjeBarúPuerto Armuelles, Limones, Progreso, Baco, Rodolfo Aguilar Delgado, El Palmar, ManacaPuerto ArmuellesBoquerónBoquerón, Bágala, Cordillera, Guabal, Guayabal, Paraíso, Pedregal, TijerasBoquerónBoqueteBajo Boquete, Caldera, Palmira, Alto Boquete, Jaramillo, Los NaranjosBajo BoqueteBugabaLa Concepción, Aserrío de Gariché, Bugaba, Gómez, La Estrella, San Andrés, Santa Marta, Santa Rosa, Santo Domingo, Sortová, El Bongo, Solano, San IsidroLa ConcepciónDavidDavid, Bijagual, Cochea, Chiriquí, Guacá, Las Lomas, Pedregal, San Carlos, San Pablo Novo, San Pablo Viejo, David Este, David SurDavidDolegaDolega, Dos Ríos, Los Anastacios, Potrerillos, Potrerillos Abajo, Rovira, Tinajas, Los AlgarrobosDolegaGualacaGualaca, Hornito, Los Ángeles, Paja de Sombrero, RincónGualacaRemediosRemedios, El Nancito, El Porvenir, El Puerto, Santa LucíaRemediosRenacimientoRío Sereno, Breñón, Cañas Gordas, Monte Lirio, Plaza de Caisán, Santa Cruz, Dominical, Santa ClaraRío SerenoSan FélixLas Lajas, Juay, San Félix, Lajas Adentro, Santa CruzLas LajasSan LorenzoHorconcitos, Boca Chica, Boca del Monte, San Juan, San LorenzoHorconcitosTierras AltasVolcán, Cerro Punta, Cuesta de Piedra, Nueva California, Paso AnchoVolcánToléTolé, Cerro Viejo, Potrero de Caña, Quebrada de Piedra, Bella Vista, El Cristo, Lajas de Tolé, Justo Fidel Palacios, VeladeroTolé A través da lei 55 do 13 de setembro de 2013, aprobouse a creación do distrito de Tierras Altas, conformado polos correxementos de Cerro Punta, Cuesta de Piedra, Nueva California, Paso Ancho e Volcán, que pertencían ao distrito de Bugaba e tendo como cabeceira a Volcán. Tamén a través desta lei creouse o correxemento de Solano, segregado do correxemento de La Concepción (distrito de Bugaba).«Presidente sanciona Ley que crea distrito de Tierras Altas en Chiriquí», artigo do 16 de setembro de 2013 na páxina web do Ministerio da Presidencia de Panamá.Artigo do luns 16 de setembro de 2013 na Gaceta Oficial Digital, n.º 27374. O novo distrito entrou en vixencia o 1 de xullo de 2017, logo que inicialmente se dispuxese a súa data de creación o 2 de maio de 2019.

Economía miniatura|200x200px|Supermercado de David. miniatura|200x200px|En Boquete prodúcese o mellor café de Panamá. A economía de Chiriquí baséase principalmente na produción agrícola e gandeira. A principal actividade comercial rexístrase en David, capital da provincia e segunda poboación do país por importancia. Ademais nos últimos anos, a provincia converteuse nun dos destinos máis visitados polos turistas, o que xera millóns de dólares para a rexión; o crecemento neste sector é tan grande que as autoridades investiron na remodelación e ampliación do Aeroporto Internacional Enrique Malek para que teña a capacidade de recibir máis voos e grandes avións con procedencia internacional e a ampliación da estrada Interamericana entre Santiago de Veraguas e San José de David. miniatura|200x200px|Cerro Punta, un dos sectores de máis produción agrícola en Panamá.

Demografía No ano 2010 rexistrouse en Chiriquí unha poboación de 409 821 persoas, das cales maioritariamente son hispano-indíxenas. O distrito de David e os seus correxementos teñen a taxa de crecemento máis acelerada da provincia, seguíndolle os distritos de Barú e Tolé.

A asimilación cultural de varios pobos indíxenas e europeos como alemáns, españois, suecos, vascos, escoceses, italianos, suízos, franceses, neerlandeses e dinamarqueses que chegaron a esta rexión a mediados do século XIX e principios do século XX do cal hoxe en día podemos destacar algúns apelidos característicos da provincia chiricana como: Cozzarelli, Küchler, Antinori, Sagel, Athanasiadis, Carrazedo, Del Cid, Gozaine, Yangüez, Vitoria, Maloff, Rangel, Fossatti, Quiel, Pitti, Frago, Fanovich, Santanach, Rovira, Sarlat, Troetsch, Franco, Araúz, Delgado entre outros que dan orixe ao cruzamento racial que a longo prazo orixina a aparición dunha poboación cuxos descendentes constitúen basicamente as raíces do actual pobo chiricano, a maioría da súa poboación é mestiza.

En anos recentes, chegaron inmigrantes procedentes de varios países, como Países Baixos, Suíza, Alemaña, Estados Unidos, Israel, Francia, Reino Unido, Rusia, Polonia Bélxica, Dinamarca, Ucraína, Letonia, Italia, Colombia, Perú e México. Hai comunidades importantes de costarriqueños, colombianos, nicaraguanos, venezolanos e mexicanos.

Relixión A relixión predominante nun 65% da poboación chiricana é cristiá católica desde tempos coloniais á actualidade. Outros cultos que se profesan é o evanxelismo, e diversas igrexas que proviñeron de Europa como luteranos, calvinistas e menonitas entre outras. Tamén co aumento da inmigración, practícase o xudaísmo, o islamismo, o confucianismo e o budismo.

Medios de transporte

Aeroporto Internacional Enrique Malek: Voos Nacionais chegan a través da Aeroliña Copa Airlines, Voos Rexionais chegan a través da Aeroliña Air Panamá. Estrada Interamericana: cruza desde o oriente até o occidente da provincia.