Wang Yaping é unha piloto e astronauta chinesa.Identity of one of the Chinese female taikonaut candidates revealed NASAspaceflight.com Wang foi a segunda muller astronauta nomeada pola CNSA e a segunda muller chinesa no espazo.
Carreira Wang é capitá da Forza Aérea do Exército Popular de Liberación.
Foi candidata para a misión espacial Shenzhou 9 Non obstante, Liu Yang foi seleccionada para a histórica misión da primeira muller chinesa en viaxar ao espazo. Wang era membro da tripulación de reserva do SZ-9.
Wang converteuse na segunda muller astronauta chinesa como membro da tripulación da nave espacial Shenzhou 10, que orbitaba a Terra en xuño de 2013, e da Tiangong-1 que orbitaba á estación espacial na que atracou. Foi a primeira persoa da tripulación que se anunciou, en abril, mentres que o resto da tripulación foi anunciada en xuño. Wang Yaping foi unha das dúas mulleres no espazo para o 50 aniversario de Vostok 6, o primeiro voo espacial dunha muller, Valentina Tereshkova . A outra muller no espazo, o 16 de xuño de 2013, era Karen Nyberg, unha astronauta estadounidense a bordo da Estación Espacial Internacional. Mentres estaba a bordo do Tiangong-1, Wang realizou experimentos científicos e ensinou unha lección de física a estudantes chineses a través da transmisión de televisión en directo. Wang participou tamén na misión Shenzhou 13, de 182 días de duración e que foi lanzada o 15 de outubro de 2021.
Notas
Categoría:Programa Shenzhou Categoría:Astronautas da China Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados na China