Andrés Santiago Suárez Suárez, nado na Luaña (Brión) o 6 de outubro de 1939 e finado en Madrid o 22 de outubro de 2005,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-10-2005, p, 61. foi un economista e escritor galego, membro da American Economic Association e da American Finance Association.
Traxectoria Cursou Peritaxe e Profesorado Mercantil na Escola Superior de Comercio da Coruña e Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais na Universidade Complutense de Madrid, na que se doutorou con premio extraordinario en 1969. Foi catedrático da Universidade de Alacant, catedrático e decano da Facultade de Economía da Universidade de Málaga e conselleiro do Tribunal de Contas do Reino (1982-1991) por designación das Cortes. Desde 1973 foi catedrático de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Complutense de Madrid. Dirixiu o Departamento de Economía da Empresa da Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Obra escrita publicada Publicou máis de dúas ducias de libros e numerosos artigos en revistas sobre temas relacionados coa economía e a administración de empresas.
Entre as súas obras máis coñecidas están: Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa, 1976. Curso de introducción a la economía de la empresa, 1986. Diccionario de economía y administración, 1992. Diccionario terminológico de economía, administración y finanzas, 2000. Nueva economía y nueva sociedad. Los grandes desafíos del siglo XXI, 2001. Capitalismo y multinacionales, 2004.
Obra en galego O problema económico e humán de Galicia, Caixa Vigo, 1978. Luaña. Mitos, costumes e creencias dunha parroquia galega, Editorial Galaxia, 1979. A regueifa, Edicións Castrelos, 1982 O raposo Careto, Ediciós do Castro. 1983, literatura infantil.
Recoñecementos Foille concedido o título de doutor honoris causa polas universidades de Sevilla, Santiago de Compostela (en 2001)"El economista gallego Andrés Santiago Suárez, nuevo doctor Honoris Causa" (22/6/2001). La Voz de Galicia . e Rey Juan Carlos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web de Andrés Suárez no sitio web da Universidade Complutense de Madrid .
Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Brión Categoría:Finados en 2005 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Sevilla Categoría:Profesores da Universidade de Alacant Categoría:Profesores da Universidade de Málaga Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia