Non confundir con Eugenio González de Haz y Vizcaíno (fillo deste) ou Eugenio González de Haz y Díaz-Castroverde (neto deste).
Eugenio González de Haz, nado en Vigo o 28 de maio de 1904 e finado o 1 de febreiro de 1999, foi un empresario da radio e o cinema galego.
Traxectoria Fillo de Eugenio e Carmen, quedou orfo de nai cando tiña uns meses de idade. Criouno a súa madriña, Joaquina Quiroga. Estudou no Colexio Cluny e no Colexio do Pilar. En 1939 mercou a Santiago Montenegro e Emilio Torrado a emisora EAJ 48 Radio Vigo. Ese mesmo ano casou con Pepita Vizcaíno Coloma. Durante un tempo foi propietario tamén do Diario de Pontevedra e do semanario deportivo Meta. En setembro de 1957 Radio Vigo integrouse na Cadena SER. En 1973 cedeu a dirección da emisora ao seu fillo Eugenio González de Haz y Vizcaíno.Torres Carbajo, Fernando (24/7/2015). "Eugenio González de Haz, pionero de la radiodifusión" vigoe.es
Recoñecementos Medalla de Ouro de Vigo. Medalla de Prata de Vigo. O Concello dedicoulle os Xardins diante da Comandancia de Marina na zona do Areal de Vigo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eugenio González de Haz y Vizcaíno (fillo deste) Eugenio González de Haz y Díaz-Castroverde (neto deste) Ligazóns externas Mauleón, Amalia (25/4/2014). "Ochenta años hablando de Vigo" Faro de Vigo . Mosquera, Javier (18/11/2012). "Eugenio González de Haz Vigo, 1904-1999" Faro de Vigo .
Categoría:Empresarios dos medios de comunicación Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades da radio de Galicia