dereita|miniatura|Bandeira étnica dos lezguios. dereita|miniatura|Área dos lezguios na fronteira entre Rusia e Azerbaidján. O nacionalismo lezguio é un movemento político nacionalista que afirma que os lezguios son unha nación e defende a unidade do pobo lezguio, no presente dividido entre Rusia e Azerbaidján. O nacionalismo lezguio ten connotacións irredentistas e persegue a creación do Lezguistán, unha entidade política unificada creada nas áreas de maioría lezguia que se atopan na fronteira entre a república de Daguestán (en Rusia) e Azerbaidján.

Historia En xullo de 1990 creouse o Movemento Nacional Lezguio, "Sadval" (Unidade), na cidade de Derbent (Daguestán, daquela pertencente á Unión Soviética).Minorities at Risk Project, Chronology for Lezgins in Russia, 2004 (consultado o 21 de setembro de 2011) O movemento pedía a unificación do pobo lezguio porque se lles "negou a oportunidade de desenvolver a súa cultura" baixo o dominio soviético.

Sadval non atopou apoio en Azerbaidján, e ademais, foi acusado do atentado con bomba do 19 de marzo de 1994 no metro de Bakú durante o cal morreron 27 persoas. Existe evidencia de que o Servizo Secreto de Armenia participou na creación de Sadval, achegando financiamento, adestramento e armamento aos seus militantes.

Notas

Categoría:Nacionalismo lezguio Categoría:Irredentismo