Aitzina! ('Adiante!' en éuscaro) é unha organización política xuvenil encadrada na esquerda abertzale. Ten como ámbito de actuación Iparralde. O seu obxectivo é loitar por «unha Euskal Herria soberana e unha sociedade máis xusta e igualitaria».«Aitzina!», hacia la unión de los abertzales de izquierda, Gara, 3 de novembro de 2013. Aitzina! naceu en Baiona (Lapurdi) en novembro de 2013, tras un proceso de confluencia da mocidade abertzale nos territorios vascos integrados no Estado francés: Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa. Unha das súas principais reivindicacións é a oficialidade do éuscaro e a súa promoción e uso na vida pública.

Á presentación pública acudiu Filipe Bidart, líder histórico da esquerda abertzale en Francia, así como representantes de Ernai, a súa organización homóloga en Euskadi e Navarra.Aitzina, la nueva organización juvenil de Iparralde, EITB, 2 de novembro de 2013.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ernai Esquerda abertzale

Categoría:Organizacións políticas de Francia Categoría:Mocidades políticas de Francia