miniatura|300px|Membros no continente africano A Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (en francés CEDEAO) é unha unión política e económica rexional da África Occidental. Colectivamente, estes países abranguen unha área de 5 114 162 km2 e unha poboación en 2015 de máis de 349 millóns de persoas.

Considerada un dos bloques rexionais da Comunidade Económica Africana, o seu obxectivo é acadar unha autosuficiencia colectiva para os seus membros creando un único bloque comercial amplo construíndo unha unión económica e de comercio plena. A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, en que se afirmou a misión de promover a integración económica da rexión. Unha versión revisada do tratado foi asinada o 24 de xullo de 1993 en Cotonou.

A Comunidade tamén serve como forza de mantemento da paz na rexión, e os membros envían ocasionalmente forzas militares conxuntas para intervir nos países do bloque en tempos de inestabilidade.

O 28 de xaneiro de 2024, Níxer, Malí e Burkina Faso anunciaron a través dunha declaración conxunta que se retiraban da CEDEAO "sen demora", un feito sen precedentes desde a creación da CEDEAO, alegando en particular a falta de axuda da organización ante o terrorismo e acusándoa de estar baixo o influencia de potencias estranxeiras.Brexit à l’africaine: la Cédéao ébranlée par le départ des pays sahéliens Consultado o 29 de xaneiro de 2024

Membros En febreiro de 2017, a Comunidade tiña quince membros; oito deles son de lingua oficial francesa, cinco de lingua inglesa e dous de lingua portuguesa. Todos os membros actuais foron membros fundadores, agás Cabo Verde, que ingresou en 1977.

O único antigo membro da Comunidade é Mauritania, un dos membros fundadores en 1975, que decidiu abandonala en decembro de 2000. Mauritania asinou en agosto de 2017 un acordo para converterse en membro asociado.

Marrocos solicitou oficialmente o ingreso na Comunidade en febreiro de 2017. A solicitude foi en principio aceptada na reunión dos xefes de estado en xuño de 2017, mais finalmente o ingreso de Marrocos foi postergado.

Malí foi suspendido o 30 de maio de 2021, tralo segundo golpe militar en nove meses. Guinea tamén foi suspendida o 8 de setembro de 2021, pouco despois do golpe de estado que tivo lugar no país."West African leaders suspend Guinea from Ecowas following coup," 9 de setembro de 2021, BBC News, consultado o 9 de setembro de 2021 Establecéronse sancións a ambos os países o 16 de setembro.

Historia A Comunidade fomouse inicialmente por antigas colonias francesas, británicas e portuguesas e Liberia, tralo proceso de independencia da rexión que tivo lugar nas décadas de 1960 e 1970.

A unión estableceuse o 28 de maio de 1975 coa sinatura do Tratado de Lagos, que dispuxo a misión de promover a integración económica da rexión. O 24 de xullo de 1993 asinouse en Cotonou unha versión revisada do acordo.

A Comunidade cobre unha área que foi coñecida como "cinto dos golpes" e desde a década de 1990 intentou defender o avance da rexión cara á democracia en contra dos ataques autoritarios. Porén, o grupo foi citado polas débiles e pouco efectivas respostas a principios da década de 2020, cando tres membros sufriron golpes de estados militares, dous en Malí, un intento en Níxer e un en Guinea.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Organizacións económicas internacionais Categoría:África