Kittilä (en , en ) é un concello de Finlandia situado na provincia de Laponia, que goza de sona por ser un lugar turístico. En Kittilä atópase unha das máis coñecidas estacións de esquí de Finlandia, Levi. O concello contaba cunha poboación de 6 354 habitantes no 2018 e esténdese nunha área de 8 262,97 km², dos cales 168,71 km² son auga. A densidade de poboación é de 0.79 habitantes por km².

O 5 de xuño de 2006 anunciouse que unha corporación mineira canadense, Agnico-Eagle Mines, abriría unha nova mina de ouro en Kittilä. Os expertos pensan que os depósitos conteñen polo menos tres millóns de onzas de ouro puro. Espérase que a mina produza ao redor de 150 onzas de ouro ao ano, durante 13 anos, polo menos.Agnico-Eagle Mines Limited 2011.10.20 A explotación a ceo aberto comezou en setembro de 2007 e a produción en maio de 2008. A minaría do pozo de Suuri comezou con 2500 toneladas por día que incrementaron até 3000 toneladas a finais de 2009.

O Aeroporto de Kittilä está operado polas compañías aéreas Finnair e FinnComm.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial

miniatura|esquerda|150px|Estación de Esquí de Levi en Kittilä

Categoría:Municipios de Laponia, Finlandia