Alec Jacoby "Coby" White, nado o 16 de febreiro de 2000 en Goldsboro, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, White foi escollido na 7ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Chicago Bulls. O 1 de xullo de 2019, White asinou o seu contrato de rookie cos Bulls. O 23 de outubro de 2019, White debutou na NBA facendo 17 puntos, 7 asistencias e 3 rebotes na derrota de Chicago por 126–125 contra os Charlotte Hornets. O 15 de setembro de 2020, White foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da tempada da NBA.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Carolina do Norte Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls