A Copa do Rei de 1922 foi a 20ª edición da competición. Foi conquistada polo FC Barcelona, que derrotou ao Real Unión de Irún na final disputada no Campo de Coia de Vigo, sumando o seu quinto título. Disputouse ao longo dos meses de marzo, abril e maio do ano 1922 polos equipos campións dos distintos torneos rexionais celebrados no territorio estatal na tempada 1921-22.
Equipos clasificados Nesta edición da Copa participaron os gañadores dos 8 torneos autonómicos que se disputaron en España durante a primeira metade da tempada 1921-22. Campionato Representante Campionato de Asturias Sporting de GijónCampionato de Cataluña FC Barcelona Campionato Rexional Centro Real Madrid Campionato de Galicia Fortuna de Vigo Campionato de GuipúscoaReal Unión Campionato de Biscaia Arenas de Getxo Campionato do Levante España FC Copa de Andalucía Sevilla FC
Fase final Consistiu en dúas roldas a dobre partido cos partidos decididos segundo a rexión de procedencia do club. No caso de empatar a vitorias, disputaríase un partido de desempate en terreo neutral. Os dous últimos contendentes enfrontáronse na final nun só partido en campo neutral.
Cuartos de final Os partidos correspondentes á eliminatoria de cuartos disputáronse todos o mesmo día, xogándose a ida o 12 de marzo e a volta o 19 de marzo. Todas as fases de clasificación foron dominadas con bastante facilidade polos equipos gañadores da mesma, agás a que enfrontou ao Real Madrid e o Arenas de Getxo, que requiriu ata tres desempates e unha prórroga para que finalmente o Real Madrid pasase a rolda. Os desempates disputáronse nun campo neutral en Madrid os días 22, 23 e 29 de marzo.
Arenas de Getxo - Real Madrid
Real Unión - Fortuna
Sporting de Gijón - España FC
Sevilla - FC Barcelona
Semifinais As semifinais xogáronse nos seus partidos de ida o 2 de abril e nos de volta unha semana despois, o 9 de abril. Curiosamente, no empate entre o Real Madrid e o Real Unión tamén foi necesario un desempate xa que os dous equipos gañaron os seus partidos como locais. Pero esta vez o eliminado foi o equipo madileño, que viu como o 11 de abril en San Sebastián perdía todas as opcións de regresar a unha final de Copa despois de varios anos sen xogala. Na outra eliminatoria, o empate 1-1 en Barcelona semellaba dar esperanzas aos "sportinguistas" pero un rotundo 7-2 en Xixón deu o pase ao Barça.
Real Madrid - Real Unión
Sporting de Gijón - FC Barcelona
Final
A final disputouse nun ateigado campo de Coia en Vigo. Na primeira parte dominou o Real Unión, pero adiantouse o FC Barcelona cun gol de Ramón Torralba, que foi empatado pouco despois cun tanto de Patricio Arabolaza. Samitier e Alcántara puxeron dous goles máis no marcador pouco antes do descanso. Na segunda parte o Real Unión buscou o empate pero no canto diso recibiu dous goles máis, obra de Gràcia e Alcántara.
50pxCampiónFC BarcelonaQuinto título
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
1922
Ligazóns externas Datos da competición en BDFutbol . Datos da competición en linguasport.com .
Categoría:Fútbol en 1922