Antonio Peinado García, máis coñecido como Mella, nado na Coruña c. 1894 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1959, foi un futbolista, boxeador, bombeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Debutou na dianteira do Deportivo da Coruña o 30 de agosto de 1914, no primeiro dos dous partidos que os futbolistas do club xogaron contra o Real Club Coruña sen permiso da directiva e que provocaron a posterior escisión chamada Deportivo Auténtico. Militou na escisión durante os seus catro anos de existencia, disputando o Campionato de Galicia, e volveu ao Deportivo trala reunificación de 1918. Na temporada 1921-22 xogou no Racing Club de Ferrol e logo continuou no Deportivo cinco anos máis, proclamándose campión galego na tempada 1926/27, aínda que os últimos anos pasounos como suplente. En abril de 1926 xogou un partido de cuartos de final da Copa do Rei, contra o Real Unión no estadio de Amute en Hondarribia. En 1927 pasou ao Olímpico FC (antigo Racing Orillamar), co que disputou a Serie B do Campionato de Galicia.
Posteriormente foi boxeador, derrotando entre outros a Eladio Cabaco ou Vázquez, e gañando o título de campión galego do peso wélter.
Bombeiro de profesión e de ideoloxía socialista, foi delegado da Federación Local de UXT e membro da Federación de Colectividades Socialistas. Coa chegada do franquismo foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a doce anos de prisión. Faleceu na Coruña o 27 de novembro de 1959, aos 65 anos,
Estatísticas ClubTempadaDivisiónC. GaliciaCopa do ReiTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesDeportivo da Coruña1913/14 - ---- --Deportivo Auténtico1914/15 - ---- --1915/16 - - - - - - -1916/17Campionato de Galicia??00??1917/18Campionato de Galicia??00??Total club??00??Deportivo da Coruña1918/19Campionato de Galicia 4 2 - -421919/20Campionato de Galicia?? - -??1920/21Campionato de Galicia?? - -??Racing de Ferrol1921/22Campionato de Galicia?? - -??Deportivo da Coruña1922/23Campionato de Galicia?? - -??1923/24Campionato de Galicia63 - -631924/25Campionato de Galicia00 - -001925/26Campionato de Galicia0010101926/27Campionato de Galicia000000Total club10+5+1011+5+Olímpico FC1927/28Serie B?? - -??Total carreira 10+ 5+ 10 11+5+ Palmarés Deportivo da Coruña Campionato de Galicia (1): 1926/27.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Boxeadores de Galicia Categoría:Boxeadores de peso wélter Categoría:Bombeiros Categoría:Socialistas Categoría:Sindicalistas de UGT Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo