Bandar Seri Begawan, é a capital de Brunei, situada no Mar da China Continental. No ano 2010 tiña 140 000 habitantes. Antigamente coñecida como Brunei Town cambiou o seu nome o 3 de outubro de 1970.

miniatura|Mesquita do Sultán Omar Ali.

Etimoloxía A primeira parte do nome da cidade, Bandar provén do persa بندر e significa "porto" ou "refuxio". A segunda parte do nome, Seri Begawan ten orixe nas palabras Sri e Bhagwan do sánscrito, que significa a bendita.

Historia A historia da capital de Brunei remóntase ó século VI. Inicialmente era unha aldea da auga (Kampong Ayer), preto da actual localización de Kampong Kota Batu e o edificio nacional do museo. Dende entón, o crecemento e o desenvolvemento da capital ligou varias poboacións en Sungai Brunei que proporcionou unha base cidadá que potenciou diversas actividades económicas, especialmente as relacionadas co mar.

Patrimonio Entre os seus edificios destacan o Palacio Real do Sultán, un dos máis grandes do mundo, e a mesquita de Omar Ali Saifuddien, o Royal Cerimonial Hall, o Royal Regalia Building, e o Brunei History Center. A mesquita de Omar Alí Saifuddin, construída en 1958, destaca pola súa enorme cúpula dourada e un luxoso interior de mármore italiano.

Véxase tamén Ligazóns externas

Información do Goberno Municipal

Categoría:Xeografía de Brunei Categoría:Capitais de Asia