Hynobius nebulosus é unha especie de anfibio da orde dos urodelos ou caudados e familia dos hinobíidos, unha das numeroas integradas no xénero Hynobius, do que é a súa especie tipo.
Endémica do Xapón, habita en bosques temperados, ríos, pantanos, mananciais de auga doce e terreos de regadío.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1838 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck e o herpetólogo alemán, que traballou en Leiden, Hermann Schlegel, baixo o nome de Salamandra nebulosa,Hynobius nebulosus (Temminck & Schlegel, 1838) no GBIF. Consultado o 16 de novembro de 2021. no seu traballo: Temminck, C. J. & Schlegel, H. (1838): "Reptilia" (Ver texto completo). En: Fauna Japonica, de Philipp Franz von Siebold.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Ellipsoglossa nebulosa (Temminck & Schlegel, 1838) Hynobius ikishimae Dunn, 1923 Hynobius nebulosus subsp. nebulosus (Temminck & Schlegel, 1838) Hynobius peropus Boulenger, 1882 Salamandra nebulosa Temminck & Schlegel, 1838 (protónimo)
Área de distribución Endémico do Xapón, Hynobius nebulosus ten unha área de distribución de 44 018 km2 que se estende pola metade norte do centro e oeste de Kyūshū, nas prefecturas de Fukuoka, Saga, Kumamoto, Kagoshima e Nagasaki, incluíndo as illas adxacentes de Iki e Fuku (Fukuejima), encontránsose a altitudes compendidas entre os 15 e os 670 m.Matsui, M. et al. (2019): "Systematics of the Widely Distributed Japanese Clouded Salamander, Hynobius nebulosus (Amphibia: Caudata: Hynobiidae), and its closest relatives". Current Herpetology 38 (1): 32–90.
A súa área de distribución e, polo tanto, a súa poboación, está moi fragmentada. E aínda que é unha especie común, observouse un descenso nos seus efectivos, e algunhas poboacións desapareceron recentemente.IUCN SSC Amphibian Specialist Group.(2021): Hynobius nebulosus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 16 de novembro de 2021.
Bioloxía Esta especie ocupa bosques temperados onde se atopa en lugares húmidos baixo pedras e troncos.Sato, I. (1943): A Monograph of the Tailed Batrachians of Japan. Osaka: Nippon Shuppan-sha.
Cría en pozas, marismas, arrozais abandonados, cunetas e mananciais, onde tamén se desenvolven as larvas. Os sacos de ovos están unidos a plantas acuáticas ou restos delas. A reprodución prodúcese desde finais de xaneiro até finais de marzo.
Ameazas Esta especie está ameazada pola construción de vivendas e de estradas, pola contaminación das augas, a presenza de especies invasoras e á diminución da humidade do seu hábitat. Tamén se captura para o comercio de mascotas. A súa área de distribución diminuíu moito debido principalmente á ampliación das áreas urbanas.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a súa distribución relativamente ampla e a súa poboación é, presuntamente grande, cualifica o status da especie como LC (pouco procupante). Porén, recentemente houbo algúns descensos da súa poboación, e a súa área diminuíu moito debido principalmente á ampliación das áreas urbanas, polo que se debería controlar a súa poboación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7. Zug, G. R.; Vitt, L. J. & Caldwell, J. P. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 0-1278-2622-X.
Outros artigos Anfibios Caudados Hinobíidos Hynobius
Ligazóns externas Hynobius nebulosus en amphibiaweb.org. Hynobius nebulosus (Temminck & Schlegel 1838) na EOL.
Categoría:Urodelos Categoría:Animais descritos en 1838 Categoría:Fauna endémica do Xapón