María de Francia e Aquitania, nada en 1145 e finada o 11 de marzo de 1198, foi unha princesa de Francia e rexente do condado de Champaña (1181 - 1187 e 1190 - 1197). Participou na cultivada corte de Aliénor de Aquitania en Poitiers (1170-1173) e ela mesma mantivo unha corte de amor brillante e protexeu ou alentou a varios escritores, entre os cales estaban Chrétien de Troyes, Gace Brulé, Gautier d'Arras, Guiot de Provins, Huon d'Oisy ou Geoffroi de Villehardouin.

Traxectoria Orixes familiares Primeira filla do rei Lois VII de Francia e da súa primeira esposa, Aliénor de Aquitania. Era neta por liña paterna de Lois VI de Francia e de Adelaida de Savoia, e por liña materna de Guillerme X de Aquitania e Lionor de Châtellerault. Era a irmá máis vella, por parte de nai, dos futuros reis de Inglaterra Ricardo Corazón de León e Xoán sen Terra.

Matrimonio e descendentes Casou en 1164 con Henrique I de Champaña, conde de Champaña e Brie. Desta unión naceron cinco fillos:

O infante Henrique II de Champaña (1166 - 1197), conde de Champaña e de Hainaut e rei de Xerusalén. Princesa María de Champaña (1174 - 1204), casada en 1186 con Balduíno IX de Flandres, emperador latino de Constantinopla. O infante Teobaldo III de Champaña (1179 - 1201), conde de Champaña e pai de Teobaldo I de Navarra. a infanta Escolástica de Champaña (? - 1219), casada con Guillerme IV de Mâcon.

Tras a morte do seu marido, asumiu a rexencia do condado de Champaña en nome do seu fillo ata o ano 1187. En 1190, o seu fillo foi loitar en Terra Santa e ela volveu ser rexente do reino, ata que Henrique II casou coa raíña de Xerusalén e foi nomeado rei. Cando o seu fillo Henrique II morreu en 1197, María de Francia cedeu o poder ao seu segundo fillo Teobaldo II e retirouse a un convento. Morreu en 1198.

Véxase tamén

Categoría:Condes de Champaña Categoría:nados en 1145 Categoría:Finados en 1198