miniatura|230px|Extracción do útero mediante unha histerectomía laparoscópica total

Unha histerectomía é a extirpación cirúrxica, total ou parcial, do útero.histerectomía no Dicionario da RAG.

Etimoloxía O termo está formado polos elementos hister- e -ectomía, tirados da voz do grego antigo ὑστέρα hystéra "útero", e do latín científico -ectomia, derivado do grego antigo ἐκτομή ektomḗ "amputación " e do latín científico -ia "-ía", respectivamente.lobectomía no DRAE.

Xeneralidades A histerectomía é a resección cirúrxica do útero (ou matriz) dunha muller.- Histerectomía en MedlinePuls Pode incluír a extirpación completa do corpo, o fondo e o colo uterino, aínda que se pode deixar o colo nalgúns casos.

A perda do útero provoca unha futura imposibilidade absoluta de aniñar o ovocito ou ovo fecundado, o que impide o desenvolvemento do embrión e, posteriormente, do feto.

Existe un procedemento cirúrxico que pode recuperar a fertilidade, pero o acceso a el é complicado: o transplante uterino.

Aínda perdéndose o útero poden chegar a subsistir os ovarios, o cal fai posíbel a fecundación asistida de óvulos e o aniñamento no útero doutra muller.Wu, J. M., Wechter, M. E., Geller, E. J. et al. (2003): "Hysterectomy rates in the United States. Obstet. Gynecol. 2007 110 (5):1091-1095. (Amplo resume) En países como o Canadá, México, Israel, a India, Rusia, Nova Zelandia ou Suráfrica, así como nalgúns estados dos Estados Unidos, é legal.

Esta intervención tamén se realiza como parte dunha cirurxía de reasignación xenital en homes trans.

Indicacións clínicas Polo xeral esta cirurxía lévase a cabo en pacientes de máis de trinta anos.

Enfermidades que poden requirir unha histerectomía: Endometriose grave (que non mellorara con outros tratamentos) Hemorraxias ou desgarros durante o parto Cancro de útero, ovarios ou trompas Placenta percreta Embarazo molar Abortos mal practicados Pólipos uterinos Fibromas uterinos Sangrado intenso Prolapso uterino, (que non mellorara con outros tratamentos, ou cando a persoa non desexa ter fillos)

Procedemento cirúrxico miniatura|250px|Representación esquemática da medida dos diferentes tipos de histerectomía. Existen tres técnicas de histerectomía: Histerectomía abdominal: realízase a través dunha incisión media infraumbilical no abdome, por onde se retira o útero. Histerectomía vaxinal: realízase cunha operación a través da vaxina, por onde se retira o útero. Histerectomía laparoscópica: realízase a través dunha operación cirúrxica chamada laparoscopia, mediante pequenos orificios no abdome duns 5 a 10 mm. Posteriormente retírase ben pola vaxina ou, por partes, a través dos mesmos orificios creados no abdome.

Procedementos alternativos Son outros tipos de tratamentos que en determinadas situacións poden evitar unha histerectomía: Embolización das arterias uterinas Extirpación do endometrio Uso de pílulas anticonceptivas Uso de analxésicos Uso dun dispositivo intrauterino (DIU) que segregue a hormona proxestáxena Laparoscopia pelviana

Notas

Categoría:Xinecoloxía Categoría:Cirurxía Categoría:Termos médicos