A dacriocistite é a inflamación do saco lacrimal. Reflúe o contido lacrimal por unha obstrución das vías lacrimais. Hai 3 presentacións:

Dacriocistite aguda: cursa con inflamación e moita dor. Hai que tratalas rapidamente pola súa proximidade coa vea angular. Adóitanse producir en persoas cunha base hixiénica deficiente. Dacrioscistite crónica: lacrimación continua e ollos vermellos. Dacriocistite do novo nado: producida por algunha infección xa sexa pola nai ou adquirida no momento do parto.

Etioloxía Existen múltiples causas que poden provocar dacriocistites. A maioría delas corresponde á obstrución do conduto nasolacrimal, o que provoca predisposición á infección por sobrecrecemento bacteriano. Dentro dos axentes máis frecuentes atópanse Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae, BGN e Pseudomonas aeruginosa. En ocasións, particularmente en mulleres, pódese desenvolver a formación de microcálculos a nivel da glándula o que provoca dacriocistites de repetición. Nos nados novos, a presenza de dacriocistite ocorre principalmente debido á obstrución conxénita da vía lacrimal, principalmente a nivel postsacular nas válvulas de Hasner.

Cadro clínico O cadro clínico caracterízase pola presenza de epífora, xeralmente unilateral, ademais de dor e aumento de volume a nivel medial do ollo na cara lateral do nariz.

Tratamento O tratamento baséase principalmente na masaxe e calor local a nivel da lesión, ademais de antibióticos sistémicos con cobertura para Stafiloccoco polo menos durante 14 días. En pacientes onde se investigue a presenza da obstrución post sacular, pódese realizar unha sondaxe ou en casos máis severos, unha dacriocistorrinostomía, a cal queda en mans de oftalmólogos ou otorrinolaringólogos.

Complicacións

Dermatite Conxuntivite Celulite periorbitaria

Notas

Categoría:Doenzas