Francisco López Quinte, coñecido como Paco de Rigueiro, nado en Sarria cara a 1917 e finado en Lugo o 10 de febreiro de 2000, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Juan López e Carmen Quinte. Veciño de Treilán. Enlace da guerrilla, houbo de fuxir ao ser descuberto e integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Abelardo Gutiérrez Alba, Elías López Armesto e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.El Progreso, 29-2-1948, p. 2,
Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato do Bloque Nacional Popular Galego ao Senado, pero non resultou elixido.Elecciones al Senado 15 de junio de 1977 Finou en Lugo o 10 de febreiro de 2000.Necrolóxica en El Progreso, 11-2-2000, p. 68.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A resposta armada galega ao fascismo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Sarria
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2000