O oso negro americano ou oso negro (Ursus americanus), é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos e subfamilia dous ursinos, unha das catro actualmente viventes do xénero Ursus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1780 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, nun traballo publicado en Spicil. Zool. 14: 5.Ursus americanus Pallas, 1780. En Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference.
Sinónimo Ademais de polo seu nome actualment válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:Ursus americanus Pallas, 1780 no GBIF.
Subespecies Dentro da especie recoñécense as seguintes subespecies:
U. a. altifrontalis U. a. amblyceps U. a. americanus U. a. californiensis U. a. carlottae U. a. cinnamomum U. a. emmonsii U. a. eremicus U. a. floridanus U. a. hamiltoni U. a. kermodei U. a. luteolus U. a. machetes U. a. perniger U. a. pugnax U. a. vancouveri
Características Ursus americanus é o oso máis común de Norteamérica. É máis pequeno que o oso pardo e o oso polar, presentando unha cor de pel máis ou menos escura (segundo as rexións onde habita vai da negra á branca, pasando pola roxa e a gris prateada).
Ten un corpo robusto, a cola curta, as orellas pequenas a arredondadas. Seu pelo escuro é curto e lacio. O perfil do rostro é recto, co fociño longo. As súas garras, curtas (menos de 50 mm), son negras e ganchudas. En distancias pequenas pode alcanzar unha velocidade de até os 40 km/h. Os machos chegan a medir 2,87 m de lonxitude, e as femias 2,55 m. A masa corporal vai dos 60 aos 280 kg para os machos, e dos 40 aos 180 kg nas femias.
Distribución A área de distribución actual de Ursus americanus sitúase entre os 69° 29' N até os 23° 14' N (cun rexistro incidental no estado mexicano de Hidalgo até os 21° 5' 30" N),Rojas-Martínez, A. E. & Juárez-Casillas, L. A. (2013): "First record of American black bear (Ursus americanus) from Hidalgo, Mexico". Revista Mexicana de Biodiversidad 84: 1018-1021. e entre os 52° 49' L aos 164° 10' O.Garshelis, D. L. et. al. (2016): Ursus americanus na Lista vermella da UICN. Versión 2012-2. Consultada o 23 de novembro de 2021.
Habita nunha superficie xeográfica que vai desde o norte do Canadá e de Alasca até alcanzar as súas áreas máis meridionaiss nas mesetas do centro de México, nos estados de Querétaro, Guanajuato e Hidalgo; e das costas atlánticas ás costas do pacíficas de Norteamérica. Está presente en gran número de estados estadounidenses, en todas as provincias canadenses e en zonas agrestes das serras norteñas mexicanas dos estados citados.<ref>Scheick, B. K. & McCown, W. (2014): Geographic distribution of American black bears in North America". Ursus 25: 24–33.</ref>
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status desta especie como LC (pouco preocupante) porque está moi estendida e ocupa gran parte da súa distribución histórica.Estímase que a súa poboación é máis do dobre que a de todas as outras especies de osos xuntas. Dentro dos Estados Unidos, as poboacións foron expandíndose numérica e xeograficamente. A caza legal é a principal causa de mortalidade, e está ben controlada polas axencias de xestión estatais e provinciais dos Estados Unidos e o Canadá, respectivamente. A caza está prohibida en México. As ameazas a nivel de poboación só existen nalgúns lugares illados, e están relacionadas principalmente coa fragmentación do hábitat e os conflitos entre os osos e as persoas. Moitas axencias de xestión preocúpanse máis en controlar o crecemento da poboación desta especie, a través da recolleita legal, que en promover un maior crecemento e expansión xeográfica (o que podería aumentar os conflitos entre humanos e osos).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X. Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Úrsidos Ursinos Ursus Ligazóns externas Máis información sobre o oso negro . WILDLIFE SPECIES: Ursus americanus: numerosos datos no sitio do Servizo Nacional dos Bosques dos Estados Unidos de América] . Ursus americanus : unha ficha sobre o oso negro do National Museum of Natural History de Washington DC. . Ursus americanus: unha ficha do zoo de San Diego (California) . Ursus americanus en Animal Diversity Web. Abundante información e bibliografía . Enciclovida ten un artigoo sobre Ursus americanus. . Naturalista ten unha ficha sobre Ursus americanus.'' .
Categoría:Úrsidos Categoría:Fauna de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1780