María Soledad Rosas, nada o 23 de maio de 1974 en Buenos Aires (Arxentina) e finada o 11 de xullo de 1998 en Turín (Italia) foi unha militante anarquista ítalo-arxentina e membro do movemento okupa en Italia. Foi arrestada acusada de ecoterrorrismo por unha serie de atentados contra o proxecto dun tren de alta velocidade en Italia. Porén, cando sucederan eses atentados, Rosas aínda non residía en Italia.
Era descendente de Juan Manuel de Rosas, quen tivera unha filla chamada Fénix Rosas cunha muller indíxena.
Traxectoria Os seus pais, Luís Rosas e Marta Rei de Rosas, casaron en xaneiro de 1970. Tiveron unha filla máis, María Gabriela, nada o 29 de novembro de 1972.
Terminados os seus estudos de hostalaría, os pais regaláronlle unha viaxe a Italia, país ao que chegou en xullo de 1997.¿Nace una nueva estrella? Página 12. Cando buscaba un lugar para pasar a noite, Rosas atopou de casualidade El Asilo, un edificio okupado por anarquistas. Entusiasmada, axiña se mergullou nese modo de vida. Alí coñeceu o seu mozo, Edoardo Massari. Casou con Luca Bruno para obter a cidadanía italiana, e non con Massari, porque este non tiña domicilio.La atribulada vida de "Sole" Rosas La Nación.
Rosas e Massari, xunto con Silvano Pelissero, lideraron a okupación dun edificio en Collegno, nos arrabaldes de Turín. A operación foi rexistrada e seguida polas forzas de seguridade italiana, que instalaran un micrófono no coche de Edoardo. O motivo da espionaxe era combater a okupación e conter as protestas xeradas polo grupo No TAV nas que Rosas, Massari e Pelissero participaban. O movemento rexeitaba o proxecto da conexión ferroviaria de alta velocidade entre Turín e Lión.
O 5 de marzo de 1998, a policía irrompeu en Collegno, nos arrabaldes de Turín, e levou detidos os tres mozos. Foron acusados de asociación subversiva con finalidade de terrorismo e subversión da orde democrática. Foron trasladados a unha prisión de alta seguridade. Soamente sobreviviu Silvano Pelissero e puido ser liberado. A causa xudicial estivo chea de manipulacións nas probas. Unha delas foi a edición de conversacións para tentar vincular os okupas cos Lobos Grises, supostos responsábeis dos atentados.Soledad es un recuerdo explosivo en Turín La Nación.
Disque Soledad suicidouse no baño dunha pequena granxa onde cumpría arresto domiciliario. Porén, as circunstancias suscitan dúbidas sobre a verdadeira causa da súa morte.
Na cultura popular Música O grupo de punk arxentino She-Devils dedicoulle unha canción titulada "L'ultimo gesto dei liberazione". A letra trátase dunha carta que escribiu Rosas.L'ultimo gesto di liberazione Rock.com.ar A canción "40 minutos" da cantante Andrea Álvarez, tamén arxentina, está inspirada na historia de Soledad. A mesma foi gravada primeiro coa súa banda Pulsomadre (versión que posúe un videoclip) e logo regravada para o seu disco solista homónimo de 2001.40 MINUTOS YouTube.com40 Minutos | Andrea Álvarez Bandcamp.com A canción "Esto es to-to-todo, amigos!" do grupo de rock arxentino Patricio Rey y sus Redonditos de Ricota, incluída no seu álbum Último Bondi a Finisterre, di nunha liña: "La Sole se fue de lo linda que era".Mundo Redondo O grupo de rock Jauría dedícalle a canción "El tiempo" no seu primeiro álbum, Jauría, que di: "¿Qué vas a hacer Soledad? La casa está en ruinas y el agua al lavar sale sucia y moja el piso". O grupo de jazz-rock GueRRRa rexistrou unha canción titulada "Maria Soledad Rosas" no seu álbum Soprusi. O grupo de rock alternativo Ragazzas dedícalle unha canción chamada "La Soledad de las Rosas". A finais de 2016, o grupo arxentino Mavirock compuxo unha canción chamada "La Sole", que relata o sufrimento de Rosas na prisión.
Cinema En setembro de 2018 estreouse unha película biográfica titulada Soledad, coa actuación de Vera Spinetta e a dirección de Agustina Macri.Un grupo anarquista quiso censurar la película de la hija de Macri, "Soledad" Infobae. A película gañou o Premio á Mellor Película no Festival de Barcelona.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 1998 Categoría:Anarquistas de Italia Categoría:Anarquistas da Arxentina