Kastanjemanden é unha serie de televisión dinamarquesa de crime e suspense estreada a través de Netflix o 29 de setembro de 2021. A serie foi creada por Dorte Warnøe Hagh, David Sandreuter e Mikkel Serup, e dirixida por Kasper Barfoed e Mikkel Serup. Está baseada no libro homónimo de Søren Sveistrup. Está protagonizada por Danica Curcic e Mikkel Boe Følsgaard nos papeis de Naia Thulin e Mark Hess, que investigan os asasinatos de varias mulleres que implican unha misteriosa figuriña de castañas deixada no lugar do crime.

Personaxes Danica Curcic como Naia Thulin Mikkel Boe Følsgaard como Mark Hess David Dencik como Simon Genz Lars Ranthe como Nylander Iben Dorner como Rosa Hartung Esben Dalsgaard Anderssen como Steen Hartung Liva Forsberg como Le Thulin Louis Næss-Schmidt como Gustav Hartung Ali Kazim como Nehru

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión en lingua dinamarquesa Categoría:Series de televisión de Dinamarca