Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo (Finlandia). Actualmente compite na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.

Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.

Historia Antecedentes Os inicios do hóckey sobre xeo feminino en Espoo remóntanse á tempada 1974-75, cando Sabina Ainetdin fundou a organización de Honka. Coa marcha de Sabina a Canadá, Riita Kärävä fíxose cargo da asociación. Kärävä familiarizárase co hóckey sobre xeo no HJK de Helsinqui.

Nesta década o campionato de Finlandia feminino non se disputaba de xeito oficial. O mesmo pasaba co torneo Lipstick, no que participaron os cinco equipos finlandeses rexistrados, así como equipos norteamericanos.

En 1977 Kari Nyman, que xogaba no equipo masculino de Jäähonka, fíxose cargo da dirección do equipo feminino, que en 1979 se alzaría como campión do torneo. O mesmo equipo participou na primeira edición do campionato finlandés feminino na tempada 1982-83, aínda que non conseguiría clasificarse entre os catro mellores equipos e loitar así polo título.

A Jäähonka seguiulle Karakallion Pallo, que se acabaría fusionando con JU-68 para crear a Espoon Kiekkoseura ou EKS en 1988.

Espoon Kiekkoseura (1988-92) Espoon Kiekkoseura (abreviado "EKS") conseguiu o ascenso á SM-sarja na tempada 1989-90, e dende aquela o equipo de Espoo non descendeu de categoría.

Na tempada debut de EKS na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia o equipo clasificouse para os play-offs, onde finalmente conseguiría a medalla de bronce logo de derrotar a Ässät de Pori no partido pola medalla de bronce, o mesmo resultado que na seguinte tempada, se ben desta vez o partido polo bronce enfrontou ás xogadoras de Espoo fronte a KalPa de Kuopio.

En 1992 varias das xogadoras que conseguiron a medalla de bronce no campionato nacional participaron no Campionato do Mundo que se disputou en Tampere e no que Finlandia conseguiu a medalla de bronce. Entre as xogadoras de Espoo salientou especialmente Hanna Teerijoki, novena máxima anotadora do torneo, tamén estaban no equipo Katri-Helena Luomajoki e Liisa Karikoski.

Kiekko-Espoo (1992–1998) En 1992 o equipo mudou o seu nome a Kiekko-Espoo, o mesmo nome que tiña o equipo masculino que daquela tamén competía na máxima categoría, a SM-liiga. O segundo equipo, que disputaba a segunda categoría baixo o nome EKS 2 pasou a denominarse simplemente EKS.

Ao longo das seis seguintes tempadas o equipo seguiu repetindo na medalla de bronce, agás nos anos 1995 e 1996, cando se viu afastado das medallas.

Espoo Blues, á época dourada (1998-2016) miniatura|250px|Camisola das Espoo Blues pertencente a Emma Laaksonen. Entre 1999 e 2016 o equipo competiu baixo a denominación de Espoo Blues. Entre o ano no que o equipo mudou a súa denominación, e 2005, os Blues conquistou sete campionatos consecutivos. Os títulos de campinas nacionais posibilitaron que o equipo disputara a Copa de Europa, competición na que as de Espoo chegaron á final en 2005 e 2008.

Espoo United (2016–17) En marzo de 2016 Jääkiekko Espoo Oy, o club matriz de Espoo Blues Naiset da SM-sarja e Espoo Blues da Liiga, declarouse en bancarrota cunha débeda estimada de 3 millóns de euros. Como resposta, Jussi Salonoja, un millonario e director de cine finlandés que fora anteriormente propietario dos Espoo Blues entre 2002 e 2012, creou un novo club e organización chamado Espoo United Oy, afirmando que estaba "comprometido a apoiar o hóckey en Espoo." Os equipos de Espoo Blues masculinos e femininos de baloncesto e hóckey sobre xeocomezaron a xogar para Espoo United.

O 15 de agosto de 2017 Salonoja anunciou que Espoo United abandonaba os seus equipos femininos de hóckey sobre xeo e baloncesto por motivos económicos. En palabras de Salonoja: “A razón é dobre: os orzamentos dos equipos masculinos son moito maiores que os dos equipos femininos, polo que a súa dirección é máis demandante, mais por outra parte, [os equipos masculinos] son máis interesantes para os patrocinadores e audiencias”.

O futuro do equipo feminino de hóckey sobre xeo mantívose incerto e propuxéronse moias solucións posibles, incluída a adquisición do equipo por parte de HIFK ou a fusión con Espoo Blues Juniorit (un club júnior con fortes vínculos coa franquía).

Espoo Blues, segunda parte (2017-19) miniatura|Partido das finais da tempada 2018-19 entre o Ilves e as Espoo Blues. En setembro de 2017 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que apoiara a creación dunha asociación inidependente, Ysikoppi ry, para supervisar o equipo, e que dera a súa aprobación para que competira na tempada 2017–18 baixo a denominación de Espoo Blues.

Kiekko-Espoo, segunda parte (2019- ) Dende a tempadas 2019-20 o equipo adoptou novamente a denominación de Kiekko-Espoo.

Pavillón

O Kiekko-Espoo Naiset xoga os seus partidos como local no Tapiola 2, unha pista de xeo situada no distrito de Tapiola da cidade de Espoo. Construída en 2015, ten capacidade para 750 persoas.

Personalidades Xogadoras Cadro actual

Capitás miniatura|250px|Emma Terho (de solteira Laaksonen) exerceu como capitá do equipo de Espoo en dúas etapas distintas. Ao longo da súa historia o equipo tivo seis capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa. Katri-Helena Luomajoki foi a primeira capitá do equipo, desempeñando esta función na tempada 1997-98. Emma Terho e Minttu Tuominen, con catro tempadas cada unha, son as xogadoras que máis tempo desempeñaron este papel. Na seguinte táboa poden verse as distintas capitás do equipo e os períodos nos que desempeñaron a capitanía:

Capitás de Kiekko-Espoo Naiset Nome(s) Período Katri-Helena Luomajoki 1997–98 Essi Sievers 2007–2009 Emma Terho (de solteira Laaksonen) 2009–2011 Essi Sievers 2011–12 Emma Terho 2012–2014 Minttu Tuominen 2014–2016 Linda Leppänen (de solteira Välimäki) 2016–17 Minttu Tuominen 2017–2020 Annina Rajahuhta 2020–21 Minttu Tuominen 2021–22 Emmi Rakkolainen 2022-presente

Líderes históricas miniatura|Karoliina Rantamäki é a xogadora que máis veces vestiu a camisola do equipo de Espoo, así como a súa líder histórica en goles e puntos. Ao longo da súa historia dúas xogadoras de Kiekko-Espoo Naiset superaron a barreira dos 600 puntos, e tres máis a barreira dos 300 puntos. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Karoliina Rantamäki e Petra Vaarakallio. Rantamäki é a máxima goleadora da historia do equipo con 355 goles en 338 encontros disputados, ademais é a líder histórica en puntos, cun total de 639. Pola súa banda Vaarakallio é a xogadora que máis asistencias sumou no equipo de Espoo cun total de 351. A continuación os rexistros das cinco máximas puntuadoras históricas do equipo:

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo. Líderes históricas de Kiekko-Espoo Naiset Xogadora Pos  PX  G   A  Pts Karoliina Rantamäki F 338 355 284 639 Petra Vaarakallio F 286 280 351 631 Annina Rajahuhta RW 232 192 234 426 Linda Leppänen C 151 174 186 360 Minnamari Tuominen D/C 223 111 218 329

Números retirados En 2008, durante a primeira etapa do equipo baixo a denominación de Espoo Blues, a entidade retirou o número 33 en honor a Päivi Virta. A xogadora nada en Tampere competiu durante 20 anos na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, nove dos cales foron nas filas do equipo de Espoo. O número de Virta foi o segundo número feminino retirado na historia do hóckey sobre xeo finlandés. Con todo, na actualidade o Kiekko-Espoo volveu empregar o seu número, que na tempada 2022-23 era empregado por Heta Paasilinna.

Números retirados do Kiekko-Espoo Naiset NºXogadorPosiciónCarreiraReferencias 33 Päivi Virta D 1997-2006

Adestradoras e adestradores Dende a tempada 2013–14 Sami Haapanen exerce como adestrador do equipo. Trátase da segunda etapa de Haapanen á fronte do banco do equipo, ao que dirixiu anteriormente entre 2007 e 2011 baixo a denominación de Espoo Blues Naiset. Co técnico de Espoo o equipo gañou sete dos seus 16 campionatos, así como dúas pratas e un bronce, o que o converte no adestrador máis laureado da historia do equipo. O equipo tivo as seguintes adestradoras e adestradores ao longo da súa historia:

Adestradoras e adestradores do Kiekko-Espoo Naiset Nome(s) Período Johanna Ikonen 1998–99 Jari Kalho 2000–01 Hannu Saintula 2001–02 Jari Peltonen 2002–2006 Sami Haapanen 2007–2011 Kai Jansson 2011–13 Sami Haapanen 2013–

Categorías inferiores Espoo é considerado o berce do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. Os clubs femininos da cidade teñen formado numerosas xogadoras destacadas que convirten ao club no máis exitoso do hóckey sobre xeo feminino do país nórdico.

Palmarés Trofeos colectivos miniatura|A Aurora Borealis Malja. SM-sarja/Naisten liiga A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kiekko-Espoo Naiset, e os equipos que o precederon, gañou un total de 17 veces o trofeo: 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2013, 2014, 2015, 2019, 2021, 2022, 2025 4 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2010, 2017, 2023, 2024 8 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1991, 1992, 1993, 1994, 1997, 1998, 2006, 2016

IIHF European Women's Champions Cup Subcampión: 2006, 2008, 2010 Medalla de bronce: 2009, 2014, 2015

Trofeos individuais Todos os galardóns individuais inclúen ás xogadoras de Kiekko-Espoo, Espoo Blues e Espoo United.

Trofeo Riikka Nieminen: outorgado á mellor xogadora da Naisten Liiga dende a tempoda 2008-09. Tan só unha xogadoras de Kiekko-Espoo ten alzado o trofeo dende a súa creación: Michelle Karvinen: 2009 Trofeo Tuula Puputti: recompensa cada ano á mellor porteira da liga. Catro xogadoras do equipo recibiron o galardón: Noora Räty: 2007 Anna Vanhatalo: 2010 Isabella Portnoj: 2012 Jenna Silvonen: 2019 Trofeo Päivi Halonen: entregado cada ano á mellor defensora da liga. Catro xogadoras do equipo de Espoo alzaron o trofeo, conseguindo sete galardóns para o equipo grazas aos tres consecutivos conseguidos por Emma Terho e os dous consecutivos de Nelli Laitinen: Jenni Hiirikoski: 2008 Emma Terho: 2009, 2010 e 2011 Minttu Tuominen: 2019 Nelli Laitinen: 2020 e 2021 Trofeo Katja Riipi: entregado cada ano á mellor dianteira da liga. Recibe o seu nome en honor a Katja Riipi. Tres xogadoras do equipo alzaron a galardón, que foi entregado un total de cinco veces a xogadoras do club dende a súa introdución na tempada 2005-06: Karoliina Rantamäki: 2007 Michelle Karvinen: 2009 Linda Välimäki: 2014, 2015 e 2017 Trofeo Marianne Ihalainen: cada ano dende a tempada inaugural da Naisten Liiga, a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo entrega este galardón á mellor puntuadora da liga regular. Cinco xogadoras de Ilves recibiron este recoñecemento canto menos nunha ocasión: Liisa Karikoski: 1993 Petra Vaarakallio: 1996, 2000, 2003 Karoliina Rantamäki: 1998, 2002, 2004, 2005, 2006, 2007 Michelle Karvinen: 2009 Linda Välimäki: 2014, 2015, 2017 Trofeo Tiia Reima: entregado dende a tempada inaugural pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo á máxima goleadora da liga. Catro xogadoras do equipo gañaron o trofeo nalgunha ocasión: Petra Vaarakallio: 1996, 1997 Karoliina Rantamäki: 1998, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007 Michelle Karvinen: 2009 Linda Välimäki: 2015, 2016, 1017 Trofeo Sari Fisk: dende a tempada 2010-11 se entrega o trofeo Sari Fisk á xogadora con mellor plus–minus ao final da liga regular. Unha xogadora de Ilves Naiset conseguiu o galardón: Heidi Huhtamäki: 2013