Jean-Joseph Sanfourche, coñecido simplemente como Sanfourche, nado en Bordeos o 25 de xuño de 1929 e finado en Saint-Léonard-de-Noblat o 13 de marzo de 2010, foi un pintor, poeta, deseñador e escultor francés.

Practicou a arte bruta e foi amigo de Gaston Chaissac, Jean Dubuffet, Robert Doisneau, cos que mantivo correspondencia.

As súas obras están expostas en múltiples centro públicos como o Museo de Arte Moderna de París, o Museo de Arte Naïf de Laval ou a colección Nova invención de Lausana.

Recoñecementos En 1992, o presidente da República Francesa, François Mitterrand, nomeouno cabaleiro da Lexión de Honor.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Poetas de Francia Categoría:Pintores de Francia Categoría:Deseñadores de Francia Categoría:Escultores de Francia Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI