Constantino Lobo Montero, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1900 e finado en Madrid o 1 de decembro de 1993, foi un militar galego.

Traxectoria

Fillo de Jenaro Lobo, maquinista naval de Valencia, e Francisca Montero, veciña de Mugardos. Ingresou na Academia de Artillería de Segovia e cando se graduou como oficial participou na campaña de Marrocos. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado en Ferrol, uniuse á sublevación e combateu na guerra como comandante de Artillaría. Ao rematar foi avogado de varios republicanos nos consellos de guerra de Ferrol. Ascendeu a xeneral de Artillaría e foi nomeado Secretario Xeral Técnico do Ministerio de Industria e Comercio, e despois conselleiro do Instituto Social da Mariña e do Instituto Nacional de Previsión. En 1953 creou a sociedade mutua e asistencial Asepeyo. Ascendido a tenente coronel en 1953, foi destinado á Casa Militar do Xeneral Franco, e o ano seguinte ao Rexemento e Parque de Artillaría de Ferrol. Foi nomeado Gobernador Militar de Ferrol en 1958. Tenente xeneral honorario e expresidente da Agrupación de Alféreces Provisionais. Tivo grande amizade con José Antonio Girón de Velasco. Foi presidente do Centro Galego de Madrid de 1952 a 1972 e membro correspondente da Real Academia Galega.La Voz de Galicia, 2-12-1993, p. 23.

Recoñecementos

Gran Cruz da Orde do Mérito Civil. Gran Cruz da Orde de Cisneros. Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco. Fillo adoptivo de Ferrol Fillo predilecto da provincia da Coruña. Unha rúa de Ferrol levou o seu nome.

Vida persoal

Casou en 1944 con Humbelina Franco González-Llanos e foi pai de Constantino, María del Carmen, Mercedes e María de los Ángeles Lobo Franco.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Constantino Lobo Montero

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1900

Categoría:Finados en 1993