Iris Apfel, de solteira Barrel, nada o 29 de agosto de 1921 no barrio de Astoria, Queens, na cidade de Nova York e falecida en Palm Beach o 1 de marzo de 2024, foi unha empresaria estadounidense, deseñadora de interiores e icona da moda. Apfel, xunto co seu home, Carl, liderou unha empresa téxtil entre 1950 e 1992, a cal incluíu un contrato coa Casa Branca durante nove presidencias. Xa xubilada, obtivo unha grande acollida cunha exposición en 2005 no The Costume Institute do Metropolitan Museum of Art. Nela presentou a súa colección de xoias e deseños en manequíns que ela mesma vestiría. Deveu nunha icona da moda ao asinar un contrato coa axencia IMG en 2019 con 97 anos. En 2014 interveu no documental Iris, de Albert Maysles.

Vida temperá Iris Barrel naceu en Astoria, Queens, Nova York, o 29 de agosto de 1921. É a única filla de Samuel Barrel, cuxa familia posuía unha empresa de vidro e espellos, e a súa dona Sadye, de orixe rusa, quen rexentaba unha boutique. Tanto a nai como o pai eran xudeus. Malia ser criada nunha granxa polos seus pais e avós, viaxaba acotío no metro para explorar Manhattan, onde ficou prendada de Greenwich Village. Xa mercaba en tendas de antigüidades sendo aínda unha nena, e así comezou a coleccionar xoias extraordinarias todo o mundo.

Estudou historia da arte na Universidade de Nova York e asistiu á escola de artes da Universidade de Wisconsin-Madison.

Traxectoria profesional De moza, Apfel traballou como redactora para a revista Women's Wear Daily por 15$ á semana, e para o deseñador de interiores Elinor Johnson, decorando pisos para revender e perfeccionando o seu talento para conseguir artigos pouco comúns. Tamén foi axudante do ilustrador Robert Goodman.

O 22 de febreiro de 1948 casou con Carl Apfel (4 de agosto de 1914 – 1 de agosto de 2015).Carl Apfel findagrave.com, 22 de xullo de 2017. En 1950 fundaron a empresa téxtil Old World Weavers, que dirixiron até xubilárense en 1992. O matrimonio, especializado en reproducir tecidos dos séculos XVII, XVIII e XIX, viaxaba a Europa dúas veces ao ano na procura de tecidos que non había nos EUA. O seu estabelecemento en Nova York estaba situado no número 115 da East 57th Street en Manhattan. Durante a súa carreira, Iris Apfel participou en diferentes proxectos de restauración. Chegou a traballar na Casa Branca para nove presidentes: Harry S. Truman, Dwight D. Eisenhower, John F. Kennedy, Lyndon B. Johnson, Richard Nixon, Gerald Ford, Jimmy Carter, Ronald Reagan e Bill Clinton. Consideraba que os traballos na Casa Branca estaban entre as encomendas máis sinxelas da da empresa, pois, polo xeral, solicitaban réplicas. A única excepción foi Jacqueline Kennedy. Apfel dixera:

Durante os anos que tiveron a empresa, viaxaron por todo o mundo. Iris Apfel mercaba roupa artesanal de países non occidentais que vestía nas festas da súa clientela da alta sociedade.

En 2016 apareceu nun anuncio televisivo para o modelo DS 3 de Citroën, e foi a imaxe de marca de roupa australiana Blue Illusion. En marzo de 2016, Apfel anunciou unha colaboración coa startup de tecnoloxía WiseWear cunha liña de xoiaría intelixente. En 2018 publicou unha biografía coa editora HarperCollins titulada Iris Apfel: Accidental Icon. En 2019, con 97 anos, asinou un contrato como modelo coa axencia IMG. Ao ver que tiña propostas decote pola súa imaxe, Tommy Hilfiger animouna a asinar cunha representación formal.

Legado

Retrospectivas museísticas O 13 de setembro de 2005, o The Costume Institute do Metropolitan Museum of Art de Nova York estreou unha exposición sobre o estilismo de Iris Apfel: Rara Avis (Rare Bird): The Irreverent Iris Apfel. Foi a primeira exposición do museo sobre roupa e accesorios dunha persoa viva que non era deseñadora. O éxito da exposición, comisariada por Stéphane Houy-Towner, tivo como consecuencia unha versión itinerante da mesma no Norton Museum of Art en West Palm Beach (Florida), o Nassau County Museum of Art en Roslyn Harbor (Nova York) e no Peabody Essex Museum en Salem, Massachusetts.

O Museum of Lifestyle & Fashion History de Boynton Beach, Florida, deseñou un edificio cunha galería dedicada a roupa, accesorios e mobiliario de Apfel.

Aspectos académicos En 2012, con 90 anos, Apfel foi profesora visitante na University of Texas at Austin, no Departamento de Téxtil e Vestimenta.

Tamén dá conferencias sobre estilo e outros temas de moda. En 2013 foi incluída na lista das "50 persoas mellor vestidas maiores de 50 anos" do xornal The Guardian.

Documentais Apfel é a personaxe principal de Iris, un documental de Albert Maysles."Iris Apfel is the Goddess of style" . Toronto Star, 11 de novembro de 2016, Leanne Delap. Estreouse no Festival de Cinema de Nova York en outubro de 2014. En 2015 foi adquirido por Magnolia Pictures para ser proxectado nos cinemas dos Estados Unidos.

Apfel tamén apareceu no documental If You're Not in the Obit, Eat Breakfast, un telefilme estreado en 2017.

Boneca Barbie En 2018, Mattel creou unha boneca Barbie de Apfel. É, así, a persoa máis vella cunha Barbie coa súa imaxe e en recibir a maior condecoración de dita marca. A boneca, lanzada xunto co libro de Apfel, non estaba á venda. Con todo, Mattel comercializou dúas Barbies “estilo Iris Apfel".

Premios O 7 de xuño de 2016, Iris Apfel recibiu o Women Together Special Award of the Year, na 12ª Gala Anual de Women Together celebrada na sede central da ONU en Nova York. Canda ela, tamén recibiron galardóns, entre outros, a actriz de Hollywood Rosario Dawson, a Fundación Punta Cana e a Fundación Loewe. Apfel recibiu o premio de mans de Malu Edwards Hurley, membro da directiva de Women Together e mestre de cerimonias do evento xunto con Carlos Jiménez, representante de España na sede central da ONU en Bruxelas.

En novembro de 2016, Apfel recibiu o Pioneer Award da Women's Entrepreneurship Day polo seu traballo no eido da moda na sede da ONU en Nova York.

Tamén foi homenaxeada pola The New Jewish Home na gala de 2017 como unha das "Eight over Eighty", que conmemora oito persoas motivadoras e exemplares maiores de 80 anos.

Vida persoal O matrimonio Apfel non tivo fillos, en parte debido á cantidade de viaxes que requiría o seu traballo. Iris non quería ter fillos para que fosen criados por unha neneira. Apfel e o seu home Carl tiñan en común un perfume favorito: Yatagan de Caron.

Despois de 67 anos de matrimonio, Carl finou o 1 de agosto de 2015, con 100 anos. Iris celebrou o seu centenario o 29 de agosto de 2021.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2024