Silvestre Gómez Xurxo, nado en Beba, Mazaricos, o 15 de xaneiro de 1951 é un mestre e escritor galego.

Traxectoria Titulado en Maxisterio e en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña, profesionalmente dedicouse sempre ao ensino, en primaria e secundaria. Formou parte da Editorial SEPT dende 1976 e publicou varios artigos en Encrucillada, Revista galega de pensamento cristián. Xa está xubilado.Consello da Cultura Galega galegos.galiciadigital.com

É membro do padroado da Fundación Penzol.

Obra escrita publicada (selección) Conversas do Pai Seixas (Editorial SEPT 1985) Déixao medrar (Colección Merlín, Xerais 2000) Ith (Colección Merlín, Xerais 2001) Todo vai ir ben (Colección Fóra de Xogo, Xerais 2005) Ti non xogas! (Colección Merlín, Xerais 2011) O Novo Testamento para a xente nova (Editorial SEPT 2012). Con Xosé María Pin Millares. De cristal (Colección Fóra de Xogo, Xerais 2015).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1951 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes