"Music Is My Radar" é unha canción da banda inglesa Blur. Publicouse como sinxelo o 16 de outubro de 2000 para promover o recompilatorio de grandes éxitos Blur: The Best Of, sendo a única canción inédita do disco. O tema acadou o número 10 da lista británica de sinxelos. Unha versión alternativa chamada "Squeezebox" apareceu en 2012 nun dos CDs de rarezas da caixa Blur 21, editada para celebrar o 21 aniversario do seu álbum de estrea, Leisure.

O músico nixeriano Tony Allen, que é mencionado repetidamente na letra, posteriormente colaborou co líder do grupo Damon Albarn como batería no supergrupo The Good, the Bad & the Queen e aparece tras a súa morte con Albarn na canción de Gorillaz de 2020 "How Far?".

Recepción O crítico de Pitchfork Richard M. Juzwiak describiu a canción como "verdadeiramente unha das mellores [de Blur]", engadindo: "é minimalista, marabillosa, e combina perfectamente o pop brillante do vello Blur co ruidoso novo Blur". Daniel Durchholz de Wall of Sound dixo que era "vital", mentres que un menos entusiasta Stephen Thomas Erlewine dixo que era "boa, pero non xenial".

En cambio, Graham Reed de Drowned in Sound afirmou que a canción era un "fallo creativo" que está "desprovisto de tono ou melodía".

Listaxe de cancións

CD1

"Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21 "Black Book" – 8:30 "Headist" / "Into Another" (live) – 3:45

CD2

"Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21 "7 Days" (live) – 3:28 "She's So High" (live) – 4:45

Casete

"Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21 "Black Book" – 8:30 "She's So High" (live) – 4:45

Vinilo de 12"

"Music Is My Radar" (album version) – 5:29 "Black Book" – 8:30

CD en Xapón e Europa

"Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21 "Black Book" – 8:30 "7 Days" (live) – 3:28 "She's So High" (live) – 4:45

"Headist" / "Into Another" e "7 Days" graváronse para o programa Evening Session de Radio One'. Emitiuse por vez primeira o 5 de maio de 1992. "She's So High" gravouse para o Mark Goodier Show de Radio One. Emitiuse por vez primeira o 24 de xuño de 1990.

Notas

Categoría:Cancións de Blur Categoría:Sinxelos de 2000