Big Little Lies é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela homónima de 2014 de Liane Moriarty. Creada e escrita por David E. Kelley, estreouse en HBO o 19 de febreiro de 2017, e rematou o 21 de xullo de 2019. Componse de 14 episodios e dúas tempadas. Orixinalmente descrita como unha miniserie, a primeira tempada foi dirixida por Jean-Marc Vallée, mentres que na segundo tomou o relevo Andrea Arnold.
Big Little Lies está protagonizada por Reese Witherspoon, Nicole Kidman, Shailene Woodley, Laura Dern e Zoë Kravitz no papel de cinco mulleres de Monterey, California, que se vén envoltas nunha investigación de asasinato. Alexander Skarsgård, Adam Scott, James Tupper e Jeffrey Nordling tamén aparecen nos papeis secundarios. Na segunda tempada, Meryl Streep uniuse ao elenco principal, mentres que Kathryn Newton e Iain Armitage tiveron máis aparicións e pasaron a ser personaxes recorrentes.
Personaxes Reese Witherspoon como Madeline Martha Mackenzie Nicole Kidman como Celeste Wright Shailene Woodley como Jane Chapman Alexander Skarsgård como Perry Wright Adam Scott as Ed Mackenzie Zoë Kravitz como Bonnie Howard Carlson James Tupper como Nathan Carlson Laura Dern como Renata Klein Jeffrey Nordling como Gordon Klein Kathryn Newton como Abigail Carlson Iain Armitage como Ziggy Chapman Meryl Streep como Mary Louise Wright
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América