Astou Ndour Barro, nada en Dakar (Senegal) o 22 de agosto de 1994, é unha xogadora de baloncesto española que xoga na posición de pivote. Naceu no Senegal e obtivo a nacionalidade española por carta de natureza no 2011.Astou Barro Ndour ya tiene la nacionalidad española É internacional grazas a España, con quen foi campioa de Europa en 2019 e conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro en 2016. Obtivo o título da WNBA en 2021, co seu equipo, os Chicago Sky.
Traxectoria Astou Ndour naceu en Dakar o 8 de agosto de 1994. Os seus pais foran xogadores de baloncesto. Foi unha destacada xogadora de baloncesto no seu colexio en Dakar. No 2008, cando tiña 14 anos, Ndour-Fall trasladouse a As Palmas, Illas Canarias, onde foi adoptada polo ex seleccionador español feminino de baloncesto, Domingo Díaz e a súa esposa, Begoña Santana, tamén adestradora. Nas Palmas, continuou xogando ao baloncesto no equipo da súa escola.
Carreira deportiva Ao chegar a España, incorporouse á canteira do Gran Canaria. En 2009, disputou o Campionato de España Xuvenil. Nacionalizouse española no 2011 e participou no Campionato Mundial Feminino Sub-19 da FIBA dese ano, no que España obtivo a medalla de prata e onde Ndour tivo unha media aproximada a un dobre-dobre.
ClubLigaPaísAnoGran CanariaLiga FemininaEspaña2011-14San Antonio StarsWNBAEstados Unidos2014Fenerbahçe IstanbulTBLTurquía2014-15Perfumarías AvenidaLiga FemininaEspaña2015-16San Antonio StarsWNBAEstados Unidos2016Virtus Eirene RagusaSerie A1Italia2016-2018Chicago SkyWNBAEstados Unidos2018-
Estatísticas Europa TempadaEquipoLigaPXMPPPPPRPPAPP2010-11Gran CanariaEurocup55,01,82,20,02011-12Gran CanariaEurocup1034,416,110,90,22014-15Fenerbahçe IstanbulEuroliga1418,49,65,70,22015-16Perfumarías AvenidaEuroliga1429,111,38,10,52016-17Virtus Eirene RagusaEurocup1030,114,78,00,6 (Lenda: PX: Partidos xogados; MPP: Minutos por partido; PPP: Puntos por partido; RPP: Rebotes por partido; APP: Asistencias por partido)
Palmarés
WNBA (1): 2021 Liga Feminina (1): 2015/16 Copa Turca (1): 2015 Copa do Presidente de Turquía (1): 2014
Notas
Categoría:Nados en Dakar Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xogadores de baloncesto de España