Jacob Elordi, nado en Brisbane (Queensland) o 26 de xuño de 1997, é un actor australiano coñecido polos seus papeis na triloxía de películas The Kissing Booth e na serie de HBO, Euphoria.

Traxectoria Jacob naceu en Brisbane (Australia) o 26 de xuño de 1997. É fillo de John e Melissa Elordi, de ascendencia vasca, e ten tres irmás máis vellas. Estudou educación secundaria en St. Kevin s College de Melbourne e despois foi ao Nudgee College de Brisbane. Amosou interese polo teatro desde moi novo e participou en moitas obras de teatro escolar.

Elordi tivo a súa primeira experiencia en Hollywood na película Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales como extra. Tivo o seu primeiro papel na película australiana Swinging Safari no 2018 e interpretou o papel de Rooster. Tamén tivo un protagónico papel na película romántica de Netflix The Kissing Booth, onde protagoniza a Noah Flynn, que se estreou en maio de 2018. E seguiu The Kissing Booth 2 que se rodou a mediados de ano do 2019 en Cidade do Cabo e estreouse en xullo de 2020. A película The Kissing Booth 3 estreouse o 11 de agosto de 2021.

En 2019, protagonizou o filme de terror The Mortuary Collection, e actuou na serie de televisión de Euphoria como Nate Jacobs.

Filmografía Películas Ano Título Personaxe Notas 2018 The Kissing Booth Noah Flynn Swinging Safari Rooster2019 The Mortuary Collection Jake 2020The Kissing Booth 2 Noah Flynn 2 Hearts Chris The Very Excellent Mr. Dundee Chase Hogan 2021 The Kissing Booth 3 Noah Flynn 2022 Deep Water Charlie De Lisle 2023 The Sweet East IanHe Went That Way Bobby Falls SaltburnFelix Catton Priscilla Elvis Presley 2025 Frankenstein A criatura

Televisión AnoTítuloRol2019The BendLucas Jackson2019-presenteEuphoriaNate Jacobs

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Brisbane Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Australianos de ascendencia vasca