Dólar Susan B. Anthony "1 Dollar "Susan B. Anthony Dollar"". Numista.com300x300pxA/: Busto de perfil de Susan B. Anthony cara á dereita.R/: Aguia cunha póla de loureiro nas súas poutas sobre paisaxe lunar, baseado na insignia da misión Apollo 11.· Datas: 1979-1999.

· Cecas: Filadelfia (P), Denver (D) e San Francisco (S).

· Gravador: Frank Gasparro.

· Aliaxe: cuproníquel: cobre (75 %), níquel (25 %).

· Diámetro: 26,5 mm.

· Peso: 8,1 g.

· Espesor: 2,00 mm.

· Canto: estriado.

O dólar Susan B. Anthony é unha moeda con valor facial dun dólar cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 1979 ata 1981, e novamente en 1999, caracterizada por amosar nos seus anversos a figura da sufraxista estadounidense Susan B. Anthony.

A moeda xurdiu como un intento de substitución do anterior "dólar Eisenhower", de maior tamaño.

A primeira proposta para o deseño desta nova moeda prevía unha imaxe personificada da Liberdade no seu anverso, mais algúns representantes no Congreso e asociacións civís solicitaron que fose cambiada pola dunha muller real. Logo de diferentes propostas, optouse pola reformista Susan B. Anthony. Como reverso mantívose o que xa tiña o dólar Eisanhower, inspirado na insignia da misión Apollo 11. Ambas as faces foron deseñadas por Frank Gasparro, gravador xefe da US Mint.

Cuñáronse máis de 900 millóns de pezas en previsión dunha considerable demanda, aínda que o seu acollemento non foi o esperado, en parte por mor da confusión causada pola similitude en tamaño e aspecto coa moeda dun cuarto de dólar. Malia estas reticencias, comezaron a utilizarse nas máquinas expendedoras e no transporte público, o que ocasionou que se esgotase o excedente na década de 1990.

En 1997, o Congreso aprobou unha lei pola que se autorizaba unha nova moeda dun dólar, de aspecto dourado, coa imaxe da exporadora nativa americana Sacagawea nos seus anversos, mais a súa produción non puido comezar tan axiña como requiría a demanda existente e, como medida provisional, retomouse extraordinariamente a cuñaxe do dólar de Susan B. Anthony en 1999, en tanto que non se puidese producir a súa substituta. Ese foi o seu derradeiro ano de cuñaxe.

Antecedentes esquerda|miniatura|194x194px|Anverso do dólar Eisenhower, aprobado pola Lei do 31 de decembro de 1970."1 Dollar "Eisenhower Dollar"". Numista.com

A principios da década de 1960, ao subir o prezo da prata, a poboación esgotou os dólares deste metal que quedaban no depósitos do Departamento do Tesouro dos EEUU.Yeoman, R. S. (2008). Páxina 28. Desde 1935 non se cuñaran no país moedas dun dólar de prata,Yeoman, R. S. (2008). Páxina 222. e no Oeste do país produciuse unha escaseza destas pezas, sinaladamente alí onde o xogo era máis popular. Como resultado, o 3 de agosto de 1964 o Congreso votou favorablemente para autorizar a produción de 45 millóns de moedas de prata do coñecido como "dólar Paz".Stevenson, I. K. (1964). Porén, a medida suscitou moita controversia por parte de sectores críticos e da poboación en xeral, que consideraba a emisión destas moedas como un dispendio de recursos e que estaba condicionada por intereses pouco transparentes, o que levaría a que fosen retiradas axiña da circulación.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 98-101. En 1964 chegaron a cuñarse na Casa da Moeda de Denver 316.076 exemplares do "dólar Paz", antes de que se decidise a suspensión da produción. Estas moedas foron refundidas de camiño,Yeoman, R. S. (2008). Páxina 221. e a Lei de Moeda (Coinage Act) do 23 de xullo de 1965 prohibiu a produción de moedas dun dólar durante un período de cinco anos."Public Law 89-81". United States Congress.

O 12 de maio de 1969, a Comisión Conxunta sobre a Cuñaxe, un corpo constituído por 24 individuos establecido pola Lei da Moeda (Coinage Act) de 1965,"The Joint Commission on the Coinage". United States Department of the Treasury. 29 de febreiro de 1968. recomendou que se retomase a produción dos dólares, logo dun estudo levado a cabo por un grupo de traballo do Congreso.United States House of Representatives (1969). The Coinage Act of 1969. Government Printing Office, Washington. Páxinas 3, 40. O 1 e o 3 de outubro de 1969, nunha sesión ante a Cámara de Representantes dos Estados Unidos, debateuse a lexislación proposta para autorizar a moeda, cunha composición de cuproníquel, co mesmo diámetro de 38 mm dos antigos dólares de prata.United States House of Representatives (1969). The Coinage Act of 1969. Government Printing Office, Washington. Páxina 1. Engadiuse unha disposición que esixía que a moeda representase no reverso o ex-presidente Dwight D. Eisenhower, falecido aquel mesmo ano, e no reverso un deseño "emblemático da aguia simbólica da aluaxe do Apollo 11.O deseño alternativo de Gasparro representaba unha aguia menos depredadora, mais logo de se filtraren os detalles ao Congreso, ordenouse que a ave aparecese na moeda tal e como estaba representada na insignia do Apollo 11. Véxase: Bowers, Q. D. (1993). Páxina 2.851. O presidente Richard Nixon asinou a lei o 31 de decembro de 1970."Public Law 91-607". United States Congress. Os deseños tanto do anverso como do reverso foron creados polo daquela xefe de gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Frank Gasparro.Yeoman, R. S. (2008). Páxina 222.

Do mesmo xeito que nas anteriores moedas deste valor, o novo dólar Eisenhower resultou ser impopular para os usuarios, e a súa presenza na circulación foi escasa.Bailey, C. F. (1974). Páxina 9. En 1976, o Research Triangle Institute (RTI) realizou un estudo sobre a cuñaxe de moeda nos Estados Unidos e, entre outras cousas, recomendou que se eliminase por completo a produción de moedas de medio dólar, tamén moi pouco utilizada, e que se cuñasen moedas dun dólar dun tamaño máis reducido. Neste informe podíase ler:United States Senate (1978-b-). Páxina 30.

O historiador numismático David L. Ganz suxeriu que o busto de Eisenhower, un republicano, foi elixido en compensación da presenza do demócrata John F. Kennedy nas moedas de medio dólar. Nun artigo de 1977, coincidiu coas conclusións do RTI ao suxerir que ambas as moedas deberían ser eliminadas. A produción do medio dólar cesou por completo e decidiuse que o dólar se substituíse por outro de menor diámetro e cun deseño diferente.Ganz, D. L. (1977). Páxina 205. Esperábase que esta medida supuxese un aforro económico e a directora da US Mint, Stella Hackel, estimou que substituír a metade dos billetes dun dólar emitidos polas novas moedas pequenas do mesmo valor aforraría 19 millóns de dólares da época en custos de produción.United States Senate (1978-b-). Páxina 110.Malia seren os billetes menos custosos de imprimir, unha moeda dun dólar é considerablemente máis duradeira e require unha substitución menos frecuente. Véxase Caskey, J. P.; St. Laurent, S. (1994). Páxinas 497-498.

Historia do deseño

Proposta da Liberdade 169x169px169x169pxDeseño orixinal de Frank Gasparro para o anverso (Liberdade), e o reverso (aguia voando) do novo dólar de tamaño reducido.

A Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou os preparativos da nova moeda dun dólar de tamaño reducido en 1976. Malia non estar aprobada aínda ningunha lei ao respecto, os funcionarios do Tesouro prevían un acollemento positivo por parte do Congreso, e a nova moeda contaba co apoio case unánime da US Mint e da industria das máquinas expendedoras, un influente grupo de presión no ámbito do deseño e a creación de moedas.Ganz, D. L. (1976). Páxina 54. En 1977, o secretario do Tesouro, Michael Blumenthal, fixo un apoio público da nova moeda e suxeriu que unha representación alegórica da Liberdade sería un tema axeitado para os seus anversos.Bowers, Q. D. (1993). Páxina 2.929.

O gravador xefe Gasparro foi o encargado de crear os deseños da moeda. A súa proposta prevía un busto da Liberdade no anverso e unha aguia voando no reverso. O busto representábase a carón dunha vara cun gorro frixio na súa punta, como símbolo da liberdade. O deseño da Liberdade de Gasparro baseábase nun anverso similar que el mesmo creara para a convención da American Numismatic Association de 1969.Ganz, D. L. (1976). Páxina 55. O reverso, coa aguia voando sobre unha montaña contra o sol nacente, fora creado orixinariamente por Gasparro en 1967 para unha proposta dun medio dólar conmemorativo.Ganz, D. L. (1976). Páxinas 55-56. Ao describir o deseño do seu reverso, Gasparro declarou que pretendía simbolizar "o nacemento dun novo día".Ganz, D. L. (1976). Páxina 56.

O deseño foi revisado pola Comisión de Belas Artes e,"Susan B. Anthony Dollar". U.S. Commission of Fine Arts. nunha carta do 29 de abril de 1976, o membro desta comisión J. Carter Brown gababa así o deseño:USHR (1978). Proposed Smaller One-Dollar Coin. Government Printing Office, Washington. Páxina 13.

O 1 de maio de 1978 presentouse na Cámara de Representantes un proxecto de lei para reducir o diámetro do dólar desde 38 mm ata 26,5 mm, e o peso dos 22,68 g a 8,5 g.USHR (1978). Páxina 2. O proxecto de lei presentouse no Senado o 3 de maio, e o peso proposto foi finalmente o de 8,1 g.United States Senate (1978-a-). Páxinas 1-2. A Casa da Moeda realizou experimentos con moedas de oito, de dez, de once e de trece caras, mais finalmente decidiuse que o novo dólar fose redondo,Ganz, D. L. (1976). Páxina 55. xa que se requirirían custosas modificacións para actualizar a maquinaria expendedora, para que aceptase moedas doutras formas.Logan, C. (1979-a-). Páxina 46. No canto disto, o proxecto de lei prescribiu un bordo interior de once lados, que pretendía servir de axuda para a identificación pola vista e polo tacto para as persoas con deficiencia visual.USHR (1978). Páxina 7.

Selección de Susan B. Anthony miniatura|243x243px|Susan B. Anthony nunha fotografía de 1890.Review of reviews and world's work. New York Review of Reviews Corp., Nova York. (1890). Páxina 430.

Os altos funcionarios do Tesouro recomendaron formalmente o deseño de Gasparro, ao que se referiron como unha "versión modernizada do deseño clásico da Liberdade".United States Senate (1978-a-). Páxinas 5-6. O 3 de maio de 1978, William Proxmire, de Wisconsin, presentou no Senado unha proposta de lei que era igual á do Tesouro, agás polo feito de que o deseño se modificaba para representar a reformadora social Susan B. Anthony, no canto da figura alegórica da Liberdade.USHR (1978). Páxinas 36-37. O 15 de maio, as representantes Mary Rose Oakar e Patricia Schroeder presentaron unha proposta similar na Cámara de Representantes.USHR (1978). Páxina 2. A figura de Anthony tamén foi recomendada por membros da Organización Nacional de Mulleres, polo Grupo de Mulleres Congresistas, polo Grupo Político Nacional de Mulleres e pola Liga de Mulleres Votantes. USHR (1978). Páxinas 104-106. En apoio da lexislación proposta, a Liga dirixiu unha carta a Walter E. Fauntroy, presidente do Subcomité de Preservación Histórica e Cuñaxe, nos seguintes termos:USHR (1978). Páxina 107.

169x169px169x169pxDous debuxos obra de Frank Gasparro con senllas propostas para o busto de Susan B. Anthony no dólar.

Ademais, os funcionarios fixeron un reconto das suxestións enviadas á Casa da Moeda dos EEUU polo público en xeral sobre o tema da moeda dun dólar, e comprobouse que Susan B. Anthony recibira o maior apoio.USHR (1978). Páxina 97.