Rodrigo Costoya Santos, nado en Torrelavega en 1977, é un docente e escritor galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes galegos retornados en 1981 e licenciado polo INEF Galicia. Ocupou diversos cargos directivos no CPI dos Dices, destacando no seu compromiso co ensino público e coa xustiza social. É profesor de ensino secundario no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. Foi membro do cadro técnico do Obradoiro CAB na liga ACB.Ficha de Rodrigo Costoya na páxina web de Ediciones Pàmies .

Divulgador cultural, colabora en diversos medios de comunicación. A historia de Galicia, o camiño de Santiago (que percorreu en máis de trinta ocasións) e a teoría do Colón galego son algúns dos temas cos que obtivo máis repercusión.

Colabora na organización de eventos culturais como a Feira da cultura En CaMiño do concello de Miño e no festival Esto es histórico de La Orotava.

Dende 2025 é director das Xornadas de divulgación e narrativa Compostela Histórica.

Obras En galego Portosanto (2017). Noia: Editorial Toxosoutos.Portosanto na páxina web de Toxosoutos. 873 páxs. ISBN 978-84-947719-4-1. Misarela. O custodio dos libros (2021). Vigo: Editorial Galaxia.Misarela. O custodio dos libros na páxina web de Galaxia. N.º 437 da colección Literaria. 1075 páxs. ISBN 978-84-9151-760-3. Galicia, mosteiro de Misarela, segunda metade do século XV. O século do milagre (2025). Madrid: Editorial Pàmies. 490 páxs. ISBN 978-84-10070-99-8. Sobre o nacemento de Compostela.miniatura|Acompañando a Christian Gálvez na presentación de Te he llamado por tu nombre en Bueu, acto organizado pola Libraría Miranda co apoio do Concello de Bueu. 08/08/2025. En castelán Baloncesto: metodología del rendimiento (2002). Editorial Inde.Baloncesto na páxina web da Editorial Inde . 147 páxs. ISBN 978-84-95114-33-4. Portosanto. El enigma de Colón (2019). Caligrama.Portosanto. El enigma de Colón en Google Books . Reeditada: en 2022, Madrid: Editorial Pàmies. 688 páxs. ISBN 978-84-18491-74-0. El custodio de los libros (2020). Madrid: Editorial Pàmies.El custodio de los libros na páxina web de Ediciones Pàmies . 672 páxs. ISBN 978-84-18491-02-3. Galicia, mosteiro de Misarela, segunda metade do século XV. Hijos de Gael (2021). Madrid: Editorial Espasa. Grupo Planeta. 712 páxs. ISBN 978-84-670-6555-8. Na guerra da razón contra o dogma, un neno escollido, o herdeiro definitivo da antiga sabedoría gaélica, loitará para salvar a antiga liñaxe das garras do invasor. La última reliquia (2024) Madrid: Editorial Pàmies. 656 páxs. ISBN 978-84-10070-35-6. Ambientada nos tempos de Filipe II. El siglo del milagro (2025) Madrid: Editorial Pàmies. 528 páxs. ISBN 978-84-10070-60-8. Sobre o nacemento de Compostela.

Recoñecementos Coa versión en galego de Misarela foi finalista do Premio Torrente Ballester 2018 da Deputación da Coruña e gañou o IX Certame de Novela Histórica Ciudad de Úbeda 2020 coa tradución ao castelán, baixo o título El custodio de los libros.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Torrelavega Categoría:Nados en 1977 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados na diáspora galega