Sarah Miles, nada en Ingatestone, Essex, o 31 de decembro de 1941, é unha actriz inglesa.

Traxectoria Miles asistiu primeiro á escola de Roedean e a outras tres escolas, mais foi expulsada de todas.Barry Egan "I can't wait to get off this planet", The Independent (Ireland), 16 de setembro de 2007 arquivado o 13 de abril de 2010 Aos quince anos matriculouse na Royal Academy of Dramatic Art. Despois de graduarse debutou no cinema en 1962 como Shirley Taylor en Term of Trial,David Thomson A New Biographical Dictionary of Film, Londres: Little Brown, 2002, p.594 protagonizado con Laurence Olivier, con quen mantivo unha breve relación. Nos seguintes anos, Miles converteuse nunha recoñecida actriz do cinema británico polos seus papeis nos filmes The Servant (Joseph Losey, 1963) e Ampliación (Michelangelo Antonioni, 1966).

Tras actuar en varios filmes entre 1966 e 1969, foi escollida para o papel de Rosy Ryan, filla de Tom Ryan no filme de David Lean de 1970 Ryan's Daughter. A súa interpretación valeulle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz.

En 1973, mentres participa na rodaxe do filme The Man Who Loved Cat Dancing, un antigo amante seu e aspirante a guionista, David Whiting, faleceu en circunstancias misteriosas.Christopher Hastings "Sarah Miles: Sex, Spooks and Steven Spielberg", The Sunday Telegraph, 7 de setembro de 2008 Durante ese mesmo período, Miles tivo unha relación Burt Reynolds, con quen protagonizaba o filme.Ron Rosenbaum, The Secret Parts of Fortune Tamén en 1973 protagonizou xunto a Robert Shaw o filme The Hirelling dirixido por Alan Bridges, baseado na novela homónima de L. P. Hartley, que gañou a Palma de Ouro do Festival de Cannes daquel ano.

Desde 1973, Miles foise retirando durante períodos para só aparecer nalgúns filmes ou programas de televisión, como na obra Well, nos Trafalgar Studios e no Teatro Apollo de Londres, con Natalie Casey.

Vida persoal Miles estivo casada en dúas ocasións co dramaturgo Robert Bolt (de 1967 a 1975 e de 1988 a 1995). Bolt escribiu e dirixiu o filme Lady Caroline Lamb,Movies: Bolt of lighting hits the screen... Martin, James. Chicago Tribune, 4 de marzo de 1973: e10. en que Miles interpretaba a heroína homónima. Bolt tamén foi o guionista de Ryan's Daughter.

Sarah Miles é irmá do director de cinema, produtor e guionista Christopher Miles.

Filmografía Ano Filme Personaxe Notas1962Term of trialShirley TaylorCandidata ao BAFTA á mellor debutante1963The ServantVeraCandidata ao BAFTA á mellor actrizThe CeremonyCatherine1965Those Magnificent Men in their Flying MachinesPatricia RawnsleyI Was Happy HereCass LangdonAlso known as Time Lost and Time Remembered1966AmpliaciónPatricia1970Ryan's DaughterRosy RyanCandidata ao Óscar á mellor actrizCandidata ao BAFTA á mellor actrizCandidata ao Globo de Ouro á mellor actriz - Drama1972Lady Caroline LambLady Caroline Lamb1973The HirelingLady FranklinThe Man Who Loved Cat DancingCatherine Crocker1974Great ExpectationsEstella1975Bride to BePepita Jiménez1976The Sailor Who Fell from Grace with the SeaAnne OsborneCandidata ao Globo de Ouro á mellor actriz - Drama1978The Big SleepCharlotte Sternwood1981Priest of LoveFilm StarVenomDr. Marion Stowe1984Ordeal by InnocenceMary Durant1985SteamingSarah1986The HaremLady AshleyVHS Tape – 1992 R&G VIDEO L.P. Sherman Oaks, CA 91403. 1987Esperanza e gloriaGrace RowanCandidata ao BAFTA á mellor actrizWhite MischiefAlice de Janzé1992The Silent TouchHelena2001Days of GraceSissi, La MadreJurijMartina, directora clínica2003The Accidental DetectiveSmeralda Mazzi Tinghi

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sarah Miles en TCM Movie Database Sarah Miles en AllMovie Entrevista con Sarah Miles Entrevista con Sarah Miles

Categoría:Nados en Essex Categoría:Nados en 1941 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra