Chenta Tsai Tseng, coñecido polo seu nome artístico Putochinomaricón, nado en Taipei (Taiwán) o 20 de decembro de 1990, é un cantante, músico, arquitecto, artista multimedia e activista español de orixe taiwanesa. Comezou a súa carreira en 2018, co seu primeiro LP, Corazón de cerdo con ginseng al vapor, en formato dixital e cunha reducida tirada en físico. En maio de 2019 publicou o seu segundo traballo, Miseria Humana. En setembro dese ano publicou a versión en CD e vinilo.
Traxectoria persoal e artística Nado en Taiwán, con once meses mudouse cos pais a España, e creceu no madrileño barrio de Vallecas. A súa familia mantívoo sempre dentro da súa comunidade, a causa do habitual estigma cara a comunidade asiática. Parte do seu obxectivo é precisamente, di, ocupar espazos tradicionalmente negados a persoas de dita comunidade.
Pronto se interesou pola música e cursou violín no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid até os 21 anos. En 2017 cheguou a súa irrupción definitiva na música e o nacemento de Putochinomaricón, da man de Elefant Records. O 19 de febreiro de 2017 publica na súa canle de YouTube o tema Gente de mierda, a súa canción máis coñecida. O tema supón unha liberación contra o acoso de todo tipo que el mesmo soportou.
O 20 de abril de 2018, sae o seu primeiro álbum, Corazón de cerdo con ginseng al vapor. O 10 de maio de 2019 sae o segundo, Miseria Humana. Continúa na liña do anterior, mais engade outros xéneros nunha especia de mixtape. Miseria Humana non ten unha clara cohesión estilística, aínda que tampouco a procura.
Desenvolveu tamén a súa faceta como actor e participa na webserie Looser, dirixida por Esty Quesada, en 2018.
Estilo musical e activismo Tsai basea o seu concepto artístico nunha análise ao redor da súa condición de inmigrante e homosexual, do que deriva o seu alcume, Putochinomaricón. Fai unha reapropiación destes cualificativos, usados de xeito pexorativo cara ás persoas dos dous colectivos aos que pertence Tsai.
Con todo, fai unha dura crítica ao colectivo LGTB actual, que tacha de "racista e plumófobo". Declarouse próximo ás ideas do Orgullo Crítico, que promoven a recuperación da esencia reivindicativa do Orgullo e rexeita o capitalismo rosa. Participa tamén na organización SOS Racismo.
Declarou como referentes a personalidades como as artistas musicais Charli XCX e SOPHIE, o deseñador Gosha Rubchinskiy, e personaxes de Internet como Esty Quesada. A súa música céntrase no pop electrónico, aínda que experimentou outros sons. No disco Miseria Humana aprécianse reminiscencias punk rock, dance hall ou trap. O carácter e son das súas composicións podería compararse con proxectos enmarcados no subxénero subnopop ou electrodisgusting, como Las Bistecs, Ladilla Rusa, Samantha Hudson ou Ojete Calor. Porén, Tsai prefire non identificarse con estes termos.
Doutra banda, ningún dos seus temas, até a data, supera os tres minutos de duración. Non é nada casual dentro do seu concepto artístico, que se alimenta da cultura mainstream e a tendencia á inmediatez das redes sociais. Con todo, tamén é crítico con estas formas de comunicación. Sinala certa sobreactuación en redes, o activismo falso que se fai tras a pantalla e non na rúa, a adicción a Internet ou a sobrecarga de información e de opinións. Isto último, ás veces, deriva nunha profunda desinformación.
Discografía Ten publicados dous álbums de estudo. Porén, a súa estratexia de distribución céntrase en YouTube, onde publicou todas as súas cancións en primicia antes de chegar ás plataformas de streaming. De feito, algunhas, como Marika Pikapika, só foron publicadas nesta plataforma. En total, ten 17 cancións compostas e producidas por el mesmo e publicadas baixo o selo Elefant Records.
Sinxelos
2018: Gente de mierda 2018: El test de la Bravo y la Superpop 2019: Doble tic azul 2019: Deporte nacional 2019: Tú no eres activista 2020: Kill the machine (con Rizha)
Álbums de estudio
2018: Corazón de cerdo con ginseng al vapor 2019: Miseria Humana
Filmografía Televisión AnoSerieRolNotas2018LooserMozo TerapiaEpisodio «Marco Polo»
Publicacións
2019 Arroz tres delicias: sexo, raza y género, editorial: Plan B, ISBN: 978-84-17001-89-6
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Chenta Tsai, antes chinés que maricón Páxina do artista en Spotify
Categoría:Activistas LGBT de España Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Taipei Categoría:Cantantes de España