Juan Norat Pérez, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 6 de decembro de 1944 e finado na mesma vila o 19 de decembro de 2021, foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista.Ficha de Norat en BDFutbol.com. Consultado en xaneiro de 2017 Figura histórica do Pontevedra CF, é o xogador con máis tempadas na historia do primeiro equipo do club (15), co que disputou 298 partidos oficiais.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Portonovo e en xullo de 1963 fichou polo Pontevedra CF, club que naquel ano ascendera a Primeira División. Na súa primeira campaña no club disputou só partidos amigables e non debutou en encontro oficial ata a tempada 1964/65, xa na Segunda División. Ese mesmo ano proclamouse campión da categoría, certificando así o ascenso a Primeira.
Xogou no Pontevedra durante as seguintes cinco tempadas en Primeira (1965-1970). A temporada 70/71 disputouna cedido no CD Ourense, pero para a seguinte regresou ao Pontevedra, que competía nese momento en Segunda. Xogou oito anos máis no club granate, vivindo un descenso a Terceira en 1973, un ascenso a Segunda en 1976 e un descenso á nova Segunda División B en 1977.
Despois de deixar ao fútbol foi empresario. A súa familia é moi coñecida en Portonovo e ten empresas de pesca, hostalaría, etc. O fillo, Juan Norat Estévez, é adestrador de baloncesto.
Clubs ClubAnoPontevedra C.F.1964-1970CD Ourense1970-1971Pontevedra C.F.1971-1979
Notas
Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Finados en 2021