dereita|miniatura|O camiñante sobre o mar de néboa, de Caspar David Friedrich, foi considerada unha das obras máis representativas do Romanticismo. Fíxose unha interpretación política e nacionalista dela. En efecto, durante as Guerras Napoleónicas logrouse certa unificación dos Estados alemáns, perdida despois do Congreso de Viena. Friedrich expresaría a espera dunha Alemaña libre e mellor. O camiñante podería ser un caído nas guerras de liberación (1813-1815). Viste a típica levita alemá, prohibida en 1818, a xeito de símbolo político dereita|miniatura|Johann Gottfried Herder dereita|miniatura|Johann Gottlieb Fichte O Espírito do pobo (en alemán, Volksgeist) é un concepto propio do nacionalismo romántico. Consiste en atribuírlle a cada nación uns trazos comúns e inmutábeis ao longo da historia.

Orixe e expansión do concepto Algúns pensadores ilustrados, como Voltaire ou Rousseau, compartían a idea de que as distintas nacións teñen distintas personalidades. Na obra L'esprit des lois ("O espírito das leis"), Montesquieu afirma no capítulo 4 do libro XIX que «o espírito dunha nación» (resultante de factores coma o clima, a relixión ou os costumes), orixina un tipo específico e distintivo de dereito para cada nación, contrario ao dereito natural universal.

A orixe do concepto de Volksgeist nace co prerromanticismo alemán, en especial nas obras de Johann Gottlieb Fichte e sobre todo de Johann Gottfried Herder.Ver, por exemplo, Rousseau: Proxecto de Constitución para Córsega e Consideracións sobre o Goberno de Polonia, Tecnos, Madrid, 1988 Fronte o cosmopolitismo ilustrado, Herder defende a existencia de nacións independentes e diferenciadas. A cada unha correspóndenlle uns trazos constitutivos inmutábeis de índole cultural, racial ou psicolóxico, entre outros. Estes trazos son, por tanto, ahistóricos, anteriores e superiores ás persoas que forman a nación nun momento determinado.Berlin, Isaiah: Vico y Herder, Cátedra, Madrid, 2000.

A idea do Volksgeist de Herder foi posteriormente adoptada polo Romanticismo primitivo e reaccionario, en especial polos irmáns Friedrich e August Wilhelm von Schlegel. Estes adaptaron o Volksgeist ao estudo das linguas, a literatura e a arte. Como resultado, negaron a existencia de normas artísticas e literarias universais, como defendía o Neoclasicismo. Por contra, déronlle importancia aos xéneros e elementos en que, segundo o seu punto de vista, se observaba con maior claridade o espírito propio de cada nación. A eles débeselles, por exemplo, a revalorización da épica medieval e do teatro de William Shakespeare ou de Pedro Calderón de la Barca, rexeitados durante o século anterior por non seguiren as normas aristotélicas.

Herder concibía así o Volksgeist:

Pola súa parte, Fichte describíao así:

Johann W. von Goethe, membro do movemento literario e musical Sturm und Drang ("tormenta e pulo"), opúxose ao racionalismo da Ilustración e proclamou a liberdade do sentimento, ao tempo que asumiu a tradición alemá. Goethe tratou de buscar unha síntese entre o xermanismo e o humanismo. Ernst Moritz Arndt, poeta nacionalista alemán, sinalou como misión da mocidade alemá a procura da unidade nacional. Entendía a nación como comunidade cultural (que combinaba ideas do Clasicismo e a Ilustración), comunidade de destino (baixo a influencia do Romanticismo) e comunidade política, é dicir, un conxunto de homes libres ao redor dun Estado (inspirado no modelo francés).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kedourie, Elie: Nacionalismo, Centro de Estudios Constitucionales, Madrid, 1985. Smith, Anthony: La Identidad Nacional, Trama, Madrid, 1997

Categoría:Nacionalismo Categoría:Romanticismo