Salvador (Puig Antich) é un filme español de 2006 dirixido por Manuel Huerga e protagonizada por Daniel Brühl. Baséase no libro de 2001 de Francesc Escribano Cuenta atrás. La historia de Salvador Puig Antich.ISBN 84-8307-332-3 O filme reconstrúe os últimos anos, a detención, o proceso e a execución por medio de garrote vil de Salvador Puig Antich o 2 de marzo de 1974. Gañou o Premio Goya ó mellor guión adaptado, escrito por Lluís Arcarazo.
O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2006.
Sinopse A finais da ditadura franquista, un grupo anarquista coñecido como Movemento Ibérico de Liberación (MIL) dedícase a cometer atracos co obxectivo de obter cartos para as súas actividades en contra da ditadura. Mais a situación muda cando no medio dun tiroteo morre un policía e o acusado é un dos seus membros: Salvador Puig Antich (Daniel Brühl). Xulgado por un consello de guerra que fixo desaparecer probas, Salvador foi sentenciado a morte e fixo o posíbel por demostrar a súa inocencia.
Personaxes Daniel Brühl como Salvador Puig Antich Tristán Ulloa como Oriol Arau Leonardo Sbaraglia como Jesús Irurre Leonor Watling como Cuca Ingrid Rubio como Margalida Celso Bugallo como pai de Salvador Mercedes Sampietro como nai de Salvador Olalla Escribano como Imma Puig Carlota Olcina como Carme Puig Bea Segura como Montse Puig Andrea Ros como Merçona Puig Jacob Torres como Santi Soler Joel Joan como Oriol Solé Pau Derqui como Jordi Solé Oriol Vila como Ignasi Solé Raül Tortosa como Quim Puig Antich
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Manuel Huerga Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados en Barcelona Categoría:Filmes sobre a represión franquista