Dorothy Wanja Nyingi, nada en Nairobi en 1973, é unha ictióloga galardoada con l'ordre des Palmes académiques (Orde das Palmas Académicas) polo seu traballo sobre a biodiversidade dos peixes e a ecoloxía acuática. É a directora do Departamento de Ictioloxía dos Museos Nacionais de Kenya e a autora da primeira guía de peixes de auga doce en Kenya.

Traxectoria En 1998 licenciouse en zooloxía pola Universidade de Nairobi e en 2002 un mestrado en hidrobioloxía pola mesma universidade.

En 2007 obtivo o doutoramento en ecoloxía e bioloxía evolutiva pola Universidade de Montpellier II, cunha tese sobre a diversidade morfolóxica e xenética da tilapia do Nilo.

Carreira Colabora coa International Partnership for the Satoyama Initiative (IPSI) que promove a conservación e restauración de ambientes naturais modificados pola actividade humana, representando ao equipo KENWEB (The Kenya Wetlands Biodiversity Research Team) e aos Museos Nacionais de Kenya.

Notas

Categoría:Nados en Nairobi Categoría:Alumnos da Universidade de Montpellier Categoría:Científicos de Kenya Categoría:Nados en 1973