miniatura|225px|Cyanocorax yncas miniatura|225px|Cyanocorax mystacalis 225px|miniatura|Cyanocorax yucatanicus inmaturo Cyanocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.Cyanocorax F.Boie, 1826 no GBIF. Consultado o 23 de decembro de 2021.Cyanocorax F. Boie, 1826 no ITIS. Consultado o 23 de decembro de 2021.Cyanocorax Boie, 1826 no BioLib. Consultado o 23 de decembro de 2021.

Comprende especies propias do Neotrópico que se distribúen desde o sur de Texas a través de México, América Central e do Sur até o centro da Arxentina.Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, D. Roberson, T. A. Fredericks, B. L. Sullivan & C. L. Wood. (2015): The eBird/Clements checklist of birds of the world: v. 2015. Consultado en: Excel Clements Checklist v. 2015, o 23 de decembro de 2021.

Características As especies do xénero Cyanocorax son paxaros grandes que se encontran sobre todo en terras baixas (C. yncas é a única realmente montana) con corpos máis pesados que as do xénero Cyanolyca. A maioría presenta polo menos unha curta crista frontal. Poden dividirse en dous grupos: o primeiro, maiores, de iris escuro e xeralmente de colorido máis uniforme; o segundo de iris pálido, de patrón máis definido (usualmente de pelaxe branca polas partes inferiores e na punta da cola). Dúas especies, C. cristatellus e C. heilprini parecen ser unha ponte entre os dous grupos. Todos son paxaros atrevidos, vociferantes e, a miúdo, inquisitivos, que buscan o alimento en grupos de seis a oito individuos.Ridgely Robert &d Guy Tudor (2009): Cyanocorax, p. 517, en Field guide to the songbirds of South America: the passerines – 1st ed. Austin: University Of Texas Press. ISBN 978-0-2927-1748-0.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1826 polo zoólogo alemán Friedrich Boie.

Etimoloxía O nome científico Cyanocorax está formado polos termos do grego antigo κύανος kýanos "azul escuro" e κóραξ kórax "corvo". Literalmente: "os corvos de cor azul escuro".

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos: Cissilopha Bonaparte, 1850 Cyanacorax Blyth, 1846

Especies Segundo o ITIS e a Unión Ornitolóxica Internacional na actualidade recoñécense as seguintes 17 especies:

Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856 Cyanocorax beecheii (Vigors, 1829) Cyanocorax caeruleus (Vieillot, 1818) Cyanocorax cayanus (Linnaeus, 1766) Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) (especie tipo) Cyanocorax cristatellus (Temminck, 1823) Cyanocorax cyanomelas (Vieillot, 1818) Cyanocorax cyanopogon (Wied-Neuwied, 1821) Cyanocorax dickeyi R. T. Moore, 1935 Cyanocorax heilprini , 1885 Cyanocorax luxuosus (Lesson, 1839) Cyanocorax melanocyaneus (Hartlaub, 1844) Cyanocorax mystacalis (Sparre, 1835) Cyanocorax sanblasianus (Lafresnaye, 1842) Cyanocorax violaceus Du Bus de Gisignies, 1847 Cyanocorax yncas (Boddaert, 1783) Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875)

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Paseriformes Páseros Corvoideos

Categoría:Córvidos