Friedrich Boie, nado o 3 de marzo de 1870 en Meldorf, Ducado de Holstein, Sacro Imperio Romano Xermánico, e finado o 3 de marzo de 1870 en Kiel, Reino de Prusia, foi un zoólogo especializado en entomoloxía, herpetoloxía e ornitoloxía, e xurista alemán.Beolens, Bo, &Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Boie", p. 31).
Traxectoria Friedrich Boie era fillo de Heinrich Christian Boie, escritor alemán que estudou dereito na Universidade de Jena, e que viviu en Gotinga, e irmán de Heinrich Boie, zoólogo.
Friedrich Boie describiu varios xéneros e especies de aves como Athene, Chrysococcyx, Cyanocorax, Glaucis, Pericrocotus e Progne, entre outros.
Ademais, co seu irmán Heinrich, traballando jxuntos, describiron ao redor de 50 novas especies de réptiles.Ver "Boie" en The Reptile Database.
En 1860 Friedrich Boie foi elixido membro da sección de zooloxía da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.Friedrich Boie na web da Leopoldina.
Principais obras 1826. "Generalübersicht der ornithologischen Ordnungen, Familien und Gattungen" Isis, oder Encyclopädische Zeitung von Oken 19: 969–981. Ler en liña. 1827. "Bemerkungen über Merrem’s Versuch eines Systems der Amphibien". Marburg, 1820. 1te Lieferung, Ophidier. Isis von Oken 20 (6): 508–566. Ler en liña. 1828. "Über eine noch nicht beschriebene Art von Cordylus Gronov. Cordylus cataphractu Boie". Nova acta physico-medica Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosum 14 (1): 139–142. Boie, F. 1828. Bemerkungen über mehrere neue Vogelgattungen. Isis, oder Encyclopädische Zeitung von Oken 21 col. 312–329. Ler en liña. 1838. "Zur Verwandlungsgeschichte inländischer Zweiflügler". Naturhistorisk Tidsskrift 2: 234–248. Ler en liña.
Abreviatura A abreviatura F. Boie emprégase para recoñecer a Friedrich Boie como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Karl August Möbius (1870): "Friedrich Boie † Nekrolog". En: J. für Ornithologie'' 18''' (3): 231-233. Ler en liña.
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1789 Categoría:Finados en 1870