Cyr é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, publicado o 27 de novembro de 2020 a través do selo Sumerian Records. O disco foi producido por Billy Corgan, líder do grupo, buscando un son "contemporáneo" durante o proceso de gravación. Foi precedido polo lanzamento de dez das súas cancións como sinxelos.

A publicación de Cyr estivo acompañada por unha serie de animación de cinco partes, In Ashes, escrita por Corgan e dirixida por Mike Anderson, que serviron como vídeos oficiais para cinco dos temas do álbum.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Smashing Pumpkins Categoría:Álbums musicais de 2020 Categoría:Álbums producidos por Billy Corgan Categoría:Álbums de Sumerian Records