A anosmia é a perda total do olfacto. En galego hai varios sinónimos como aosmia, anodmia, anosfrasia, anosfresia ou anestesia olfactiva, recollidos no Diccionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; a hiposmia é un sinónimo parcial, referido á diminución do olfacto, causada por danos ou lesión no nervio olfactivo, obstrución das fosas nasais ou outras doenzas.
Síntomas Ademais da incapacidade para sentir os cheiros, a anosmia tamén prexudica o gusto. O motivo é que a lingua é capaz de identificar as seguintes características: sabor doce, salgado, acedo, amargo e umami ou glutamato. Como non é posíbel diferenciar unha substancia da outra (unha lambetada con azucre doutra sen el, por exemplo) a través do olfacto, o paciente con anosmia identificará as dúas substancias como iguais.
Tipos de anosmia Existen dous tipos de anosmia: a parcial e a permanente:
Parcial: pódese tratar e curar. Ás veces prodúcese pola obstrución das vías nasais debido a unha enfermidade alérxica ou inflamación da lingua. O paciente perde o olfacto durante un período determinado e despois recupera. Causa comúns de anosmia parcial son a gripe, que causa danos leves aos nervios olfactivos, ou a Covid-19. Permanente: hoxe en día aínda non ten cura. Normalmente prodúcese por danos graves nos nervios olfactivos como resultado de accidentes (de tráfico e outros), infeccións graves nos nervios da cara ou radioterapia durante o tratamento do cancro.
Causas Un gran número de condicións poden causar perda do olfacto, entre elas as máis comúns son:http://www.anosmiafoundation.com/intro.shtml (en inglés)
Infección do tracto respiratorio superior (por exemplo, sinusite ou arrefriado) Demencias (Alzhéimer, Párkinson, Vascular, Lewy) Rinite alérxica Idade avanzada (presbiosmia) Tumores (pólipos, glioma, meninxioma ou cancro na vía olfactiva) Traumatismo cranioencefálico, con dano no óso etmoides Latroxénica (despois da cirurxía nasal ou por fármacos como enalapril, risperidona e fármacos intranasais…) Toxinas (cinc, cadmio, intoxicación por manganeso…) Alcoholismo ou tabaquismo prolongado Queimaduras e inhalación de fume Enfermidades autoinmunes como esclerose múltiple, miastenia grave, sarcoidose ou granulomatose con polianxiite Malformación (como atresia do cloasma) SARS-CoV-2 (virus CoViD-19)
Prevención e precaucións As causas da anosmia non sempre se poden previr. Con todo, para as persoas que non teñen doenzas, sempre é bo evitar accidentes que poidan afectar a rexión da cabeza. A persoa con enfermidade debe ter especial coidado co gas de cociña, os alimentos estragados e a depresión.
Notas
Véxase tamén
Hiposmia Olfacto Sinusite
Categoría:Síntomas Categoría:Olfacto Categoría:Bioloxía